O presidente da Xunta e a directora de Turismo de Galicia fixeron entrega dos premios

Os municipios de Boqueixón e Portomarín recibiron os Premios Galicia Parabéns na súa primeira edición de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro nun acto celebrado en Santiago de Compostela no que Núñez Feijóo animou aos concellos a colaborar en proxectos turísticos que impulsen o embelecemento de Galicia, da súa paisaxe e patrimonio. “A protección e o embelecemento de Galicia é unha tarefa colectiva, que transcende a unha ou outra administración. Convoca a todos os representantes públicos e a todos os cidadáns”, aseverou, garantindo o compromiso da Xunta para acompañalos nese camiño.
Durante a entrega de galardóns do I edición dos Premios Galicia Parabéns, Feijóo precisou deste xeito que o 40% dos recursos que se destinarán ata 2020 ao turismo irán dirixidos ao noso patrimonio e a nosa paisaxe, un recurso turístico de primeira magnitude.
Neste marco xorde a iniciativa destes premios, unha iniciativa da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia, que quere pór en valor e cofinanciar as mellores actuacións promovidas polas entidades locais que teñan como obxectivo a conservación, mellora e embelecemento da paisaxe galega, e a integración en plena harmonía dos elementos arquitectónicos en todos os seus núcleos, buscando ademais a sensibilidade e colaboración da cidadanía en salvagárdaa da esencia da nosa terra. Trátase, en definitiva, de preservar os elementos paisaxísticos de Galicia como elemento crave da nosa identidade e recurso turística de incalculable valor.
Nesta primeira edición dos Premios, establecéronse dúas modalidades, unha primeira categoría, na que resultou gañador nesta edición o Concello de Boqueixón, pola mellora do Pico Sacro e a súa contorna, na que se distinguen actuacións xa realizadas no últimos dez anos, que se completarán cun novo proxecto que mellore as accións acometidas previamente e que estarán financiadas coa dotación económica do Premio Galicia Parabéns.
A Categoría Segunda, na que se premiou ao concello de Portomarín pola mellora do Parque Agustín do Río, está destinada a premiar os proxectos presentados para novas intervencións. O proxecto permitirá embelecer a primeira estampa que teñen da vila os peregrinos que chegan a Portomarín polo Camiño Francés, reducindo o impacto do formigón nas súas vistas á vez que se acometerá a recuperación de especies forestais autóctonas para enriquecer o seu valor natural, e a creación de espazos de lecer para veciños e visitantes.

premios galicia parabens

23 de Febreiro de 2018
entrega premios Galicia Parabens

Boqueixón e Portomarín reciben os premios Galicia Parabéns na súa primeira edición

O presidente da Xunta e a directora de Turismo de Galicia fixeron entrega dos premios Os municipios de Boqueixón e Portomarín recibiron os Premios Galicia Parabéns […]
22 de Febreiro de 2018
islas cies

Os visitantes das Illas Cíes deberán contar a partir desta semana Santa con autorización para comprar o billete á navieira

A partir desta próxima Semana Santa entrará en vigor en novo sistema de acceso ao Parque Natural das Illas Atlánticas. A Consellería de Medio Ambiente e […]
21 de Febreiro de 2018
biocultura

ExpoCoruña acollerá en marzo BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos por excelencia do estado español

Do 2 ao 4 de marzo a maior feira de produtos ecolóxicos de España, Biocultura, chega a Galicia, en concreto a ExpoCoruña onde se reunirán 200 […]
21 de Febreiro de 2018
apartamento-turístico

O TSXG avala o decreto de vivendas de uso turístico

O decreto de vivendas de uso turístico de Galicia ordena e non restrinxe a competencia. Así o avala o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que […]