Crece o malestar no sector e especialmente nas axencias de viaxes de Galicia que consideran que se verán moi afectadas se continúa a folga

Con gran preocupación afronta as axencias de viaxes galegas o comezo desta semana na que se anuncia a transformación en indefinida da folga do tranporte por estrada, xa que posiblemente sexan o sector máis prexudicado por este conflito. “Estamos a falar de axencias almacenistas e comerciantes polo miúdo, así como axencias de receptivo, todas elas están xa vendo as consecuencias desta folga, que vai provocar danos graves non só económicos senón de imaxe para o sector turístico galego”, explica Juan Antonio Ribadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI).

Neste sentido AGAVI destaca que as consecuencias deste conflito, que afecta as empresas de transporte por estrada, están a pagalas o turismo e os viaxeiros que chegan a Galicia ou que queren desprazarse polo noso territorio. “Sen entrar nas razóns do conflito ou por que chegamos onde estamos, é imprescindible que a administración faga un esforzo e esgote as vías de diálogo para evitar as graves consecuencias que tería a prolongación desta situación no sector turístico”.

Excursións dun día, desprazamento de todo tipo de colectivos, que elixen estas datas para as súas excursións, tanto por Galicia como partindo de aquí cara a outros territorios; os desprazamentos dos cruceristas; os daqueles turistas estranxeiros que queren saír ou chegar a aeroportos ou estacións de trens,… todos eles ven afectados por esta folga que afecta a un gran número de empresas e profesionais do sector así como aos propios viaxeiros. “Non podemos esquecer que o turismo segue sendo un sector moi estacionalizado no noso país e as previsións para este verán son excelentes, cun gran número de reservas para este mes de xullo e agosto que se verían afectadas de continuar o conflito”, explica Ribadulla.

AGAVI únese así aos chamamentos doutras entidades e colectivos para solicitar un esforzo por parte de todos os axentes implicados para chegar a un acordo e evitar a folga indefinida, así como maior información e cumprimento dos servizos mínimos, para tentar minimizar entre os viaxeiros e as empresas de sector turístico as consecuencias dunha folga “que nada ten que ver connosco pero da que estamos a ser os principais afectados”, afirma.

10 de Xullo de 2017
S28J7012

Fonda preocupación en AGAVI pola folga de transporte por estrada en Galicia

Crece o malestar no sector e especialmente nas axencias de viaxes de Galicia que consideran que se verán moi afectadas se continúa a folga Con gran […]
10 de Xullo de 2017
turismo de maleta

O Consello da Cultura Galega acolleu un encontro para abordar a necesidade de equilibrio entre o turismo e a conservación da paisaxe e do patrimonio

O turismo como factor de cambio nas cidades, o papel que queremos darlle aos centros históricos neste fenómeno crecente de presión turística, exemplos do uso da […]
06 de Xullo de 2017
turismo-rural-ortigueira

Pontevedra, quinto destino favorito dos turistas rurais españois para gozar do verán

Os meses de xullo e agosto seguen sendo os preferidos polos viaxeiros para gozar das súas vacacións, pero este ano aumentaron nun 30% a ocupación en […]
05 de Xullo de 2017
tapasxgalicia2017

Ourense acada a mellor tapa galega en 2017

A mellor tapa de Galicia 2017 é para Ourense, para Miguel González Quintela, chef do Restaurante Gastro-Bar Sanmiguel de Ourense, autor da mellor tapa de Galicia, […]