A Deputación de Ourense e a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro cooperarán para promover o enoturismo e as actividades relacionadas con esta modalidade, co obxectivo de difundir os valores enológicos, culturais, históricos, gastronómicos e turísticos dun dos enclaves vinícolas máis importantes de España e da súa denominación de orixe.

A Deputación mostrou interese por formar parte da Ruta do Viño e comprometeuse a destinar nos orzamentos de 2018 un total de 30.000 euros para que esta entidade non teña problemas de supervivencia, para darlle un impulso e para colaborar nas actividades da asociación e contribuír así á promoción enoturística do Ribeiro. Neste sentido, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, incidiu en que o enoturismo “é un ámbito estratéxico da nosa economía e temos que seguir impulsando iniciativas que permitan visualizar a importancia que ten en Galicia e nacional e internacionalmente a produción vitivinícola ourensá”.

A Asociación Ruta do Viño do Ribeiro está actualmente integrada por máis de 50 socios, que conforman unha rede establecementos de hostalaría, enotecas, aloxamento e comercio, xunto a institucións e oficinas de turismo, que abarcan unha ampla oferta ao redor do viño do Ribeiro.

24 de Xullo de 2017
enoturismo ourense

Deputación de Ourense e Ruta do Viño do Ribeiro promoverán o enoturismo na provincia

A Deputación de Ourense e a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro cooperarán para promover o enoturismo e as actividades relacionadas con esta modalidade, co obxectivo […]
20 de Xullo de 2017
Javi Sala de actos Nauta Sanxenxo, Puerto Deportivo. Rueda de prensa 'Nuevas ofertas de minicruceros costeros'. Javi acreditado.

Comeza a nova tempada de mini cruceiros costeiros polas rías de Galicia

Agardan mellorar os resultados da primeira tempada ao ofrecer maior número de días navegables e máis opcións Entre xullo e novembro deste ano desenvolverase a nova […]
19 de Xullo de 2017
convenio-ingavi-cidade-cultura

Ingavi e Cidade da Cultura renovan o seu compromiso para seguir ofrenciendo formación no Gaiás

O Instituto Galego do Viño renova o seu convenio coa Cidade da Cultura de Galicia para promover no próximos cinco anos actividades formativas e de asesoramento […]
17 de Xullo de 2017
Zarapicos Campo de Golf 3

Arrincou en xullo a sétima edición do Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

Co obxectivo de pór de relevo as grandes condicións para a práctica do golf que posúe Galicia, xunto con atractivos complementarios como o seu enogastronomía ou […]