As rexións acordaron impulsar un maior aproveitamento turístico dos seus bens patrimoniais e combinalos coa oferta gastronómica, enológica e de natureza

Co obxectivo de crear produtos comúns que permitan impulsar turísticamente os diferentes territorios, Galicia participou nunha reunión de traballo da Macrorregión do Suroeste de Europa (RESOE) para fixar obxectivos futuros. RESOE, conformada por Galicia, Castela e León, Asturias e o norte e Centro de Portugal busca crear nexos comúns que permitan traballar e promocionar conjutamente estes terriotrios, proxectándoos a nivel internacional e favorecendo o intercambio de visitante entre eles.

Neste sentido, acordouse preparar un proxecto de traballo que inclúa para este ano do Camiño de Santiago, dos bens declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e dos lugares Císter, combinando todas estas propostas coa oferta gastronómica, enológica e de recursos naturais. A maiores, acordouse que a seguinte reunión do grupo de traballo realizarase en torno ao próximo mes de novembro en Santiago de Compostela.
Concepto turístico da RESOE

O principal obxectivo da estretaegia de RESOE é sumar esforzos para comercializar produtos turísticos comúns. Desta maneira, a RESOE poderá promocionar produtos xenéricos para a rexión como as Rutas do Camiño de Santiago, do Patrimonio Mundial da Humanidade, das Grandes Catedrais, das Reservas Naturais Patrimonio da Humanidade, dos Grandes Santuarios e Peregrinacións, da Gastronomía e da Enoloxía e dos Mosteiros.
Ao mesmo tempo, a actuación permitirá desenvolver produtos específicos relacionados con eventos periódicos ou puntuais como a Ruta da Semana Santa ou a Conmemoración en 2017 do I Centenario das Aparicións de Fátima.

29 de Xuño de 2016
resoe

Galicia, Castela e León, Asturias e Portugal promocionarán de forma conxunta o Camiño de Santiago

As rexións acordaron impulsar un maior aproveitamento turístico dos seus bens patrimoniais e combinalos coa oferta gastronómica, enológica e de natureza Co obxectivo de crear produtos […]
28 de Xuño de 2016
curso cetur a veiga

CETUR celebra por vez primeira o seu curso de formación para informadores e guías turísticos fóra de Compostela

O curso desenvolverase nunha semana intensiva na Veiga, Ourense, do 11 ao 15 de xullo Entre o 11 e o 15 de xullo o Centro de […]
27 de Xuño de 2016
Termatalia en Brasil

Brasil premia o labor de Termatalia

O Festival de Turismo de Cataratas de Foz de Iguazú, en Brasil, recoñeceu o labor de Termatalia na persoa do director da feira internacional, Afastando Rubín, […]
27 de Xuño de 2016
240516torneopergrinación1

O valor engadido do Golf ao Turismo en España cífrase nuns 775 millóns de euros anuais

Nuns 775 millóns de euros anuais cifra a empresa Golf Business o valor engadido que o golf achega á empresa turística en España, segundo un estudo […]