A cuarta edición do programa de Turismo de Galicia, “Galicia a Todo Tren”, acadou xa o milleiro de usuarios no conxunto do nove itinerarios que conforman esta iniciativa turística promovido en colaboración con Renfe e o Inorde.
O pasaxeiro que alcanzou esa cifra simbólica foi un usuario do Tren Turístico que percorre a Ruta do Viño Ribeira Sacra, que recibiu un distintivo que acredita esta condición da man da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Castro destacou que esta cifra demostra a boa acollida que ten o programa, que é un exemplo de creación de sinerxías entre diferentes entidades para un mellor aproveitamento turístico do territorio

Nava Castro explicou que os trens turísticos de Galicia están a consolidarse como un dos produtos turísticos máis demandados deste verán desde que no mes de xuño empezou a funcionar este servizo turístico con ocupacións en todos os trens que están entre o 90% e o 100%. Galicia.

Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia sinalou que de seguir así, superaríanse os datos alcanzados pola campaña do pasado verán na que se obtivo unha ocupación do 87%, superando os 2.200 pasaxeiros, fronte aos 600 da primeira edición.

“Esperamos que, tanto esta Ruta da Ribeira Sacra como o resto das rutas temáticas que constitúen o programa, continúen con este éxito nos seus próximos percorridos que están dispoñibles os fins de semana de agosto e setembro”, concluíu Nava Castro.

09 de Agosto de 2016
viajero 1000 trenes turísticos

“Galicia a todo tren” alcanza o milleiro de usuarios

A cuarta edición do programa de Turismo de Galicia, “Galicia a Todo Tren”, acadou xa o milleiro de usuarios no conxunto do nove itinerarios que conforman […]
05 de Agosto de 2016
termatalia-1

O Clúster Turismo de Galicia participará en Termatalia México en accións de promoción para os seus asociados

Co obxectivo de contribuír a situar a imaxe de calidade das empresas turísticas galegas no mercado mexicano, o Clúster de Turismo de Galicia participará na Feira […]
04 de Agosto de 2016
Traveller Presumidor definitivo

Clúster Turismo de Galicia lanza unha campaña para presumir de Galicia

A web e webapp de Presume de Galicia nacen coa intención de mostrar a comunidade a partir das achegas de centenares de experiencias en primeira persoa […]
03 de Agosto de 2016
galicia spaincares

Turismo de Galicia e o Clúster Español de Turismo Termal porán en marcha un programa de desenvolvemento do turismo de saúde en Galicia

Ambas as entidades asinaron un acordo de colaboración polo que o departamento da Xunta achegará 50.000 euros para a elaboración desta folla de ruta Co obxectivo […]