A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) cumpre este 2017 40 anos e celebrouno nun acto no IES Sanxiallao no que se deron cita un gran número de autoridades e representantes do sector como o presidente e secretario do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González e Cesáreo Pardal, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos; o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Xosé Manuel Balseiro; o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; o presidente da Federación Española de Hostalaría e Restauración (FEHR), José Luís Yzuel, e o presidente da APEHL, Cheché Real, así como outras personalidades do mundo da hostalaría.
Ademais de conmemorar esta data especial, o acto tamén serviu de homenaxe a varios socios fundadores pola súa achega e entrega na creación da Asociación: Alberto García, do Mesón de Alberto, de Lugo; José Luís Loureiro, hostaleiro de Sarria e presidente da APEHL desde 1983 a 1986, e Anxo López-Leitón, do Hotel Leytón, de Foz. Santiago Argüeso, tamén recolleu un dos obsequios pola súa colaboración no proceso de constitución e ser apoio fundamental para o primeiro presidente, Manuel González-Granxeiro.

Aposta polo asociacionismo

O presidente da APEHL, Cheché Real, destacou durante o acto a importancia do asociacionismo para o sector e a aposta da Asociación pola formación: “Precisamente, celebramos este aniversario, aquí, no IES Sanxillao, onde aprenden e fórmanse as nosas próximas xeracións. No seu día, desde a APEHL apostamos porque se implantase un ciclo de hostalaría na cidade de Lugo e cremos que foi un dos nosos grandes logros”, engadiu.
Neste sentido manifestáronse tamén tanto o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, que encomiou o traballo feito pola Asociación como a alcaldesa de Lugo, que engadiu que “grazas ao traballo de agrupacións como esta, grandes dinamizadoras do noso territorio tanto económica como socialmente, logramos pór a Lugo no mapa. Moita xente vén a Lugo pola nosa gastronomía”.
O acto terminou coa proxección dun vídeo itulado Orgullosos de ser hostaleiros e cunha degustación de produtos das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas da provincia de Lugo, elaborada polos alumnos de hostalaría do IES Sanxillao.

23 de Novembro de 2017
IMG-20171122-WA0014

A APEHL celebrou o seu 40ª aniversario

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) cumpre este 2017 40 anos e celebrouno nun acto no IES Sanxiallao no que […]
17 de Novembro de 2017
Presentacion Sportur Galicia

Máis dun cento de actividades converten a Ourense na capital do turismo deportivo

Do 17 ao 19 de novembro Expourense acolle a primeira edición de Sportur, Salón do Deporte e Turismo Activo, unha iniciativa coa que se busca dar […]
15 de Novembro de 2017
fairway

A segunda edición de Fairway abordou de forma global e transversal o fenómeno do Camiño de Santiago reunindo aos axentes e profesionais que traballan ao redor das súas rutas

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia viviu do 12 ao martes 14 un evento que sumou congreso, feira e workshop con turoperadores internacionais A […]
10 de Novembro de 2017
enoturismo

Catas de viño e sendeirismo para celebrar o día europeo do enoturismo

Catas comentadas de viños e sendeirismo centran a oferta de Enoturismo Galicia, marca paraugas impulsada co apoio do Clúster de Turismo de Galicia e a Axencia […]