Co obxectivo de seguir impulsando a implantación da RSE no tecido empresarial galego, a Consellería de Economía, Emprego e Industria puxo en marcha o programa Responsabilizate, que ofrecerá un completo servizo de tutela para as empresas que desexen incrementar competitivdad e eficiencia a través das implementación da RSE nas súas empresas. Até o 30 de setembro está aberto o prazo para que as empresas que así o desexen soliciten a incorporación ao programa.

Responsabilízache consiste nun acompañamento real dun titor experto en RSE e conta cos seguintes servizos básicos: diagnose do estado e potencial da RSE na peme, formación na materia e acompañamento na definición dun plan de acción e implantación das primeiras medidas a levar a cabo.

Para poder participar os candidatos deben cumprir os seguintes requisitos:
-Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
-Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
-Non ser entidades sen ánimo de lucro.
-Non ser sancionadas, por ningunha causa, no tres últimos anos.

As bases completas poden consultarse nesta ligazón e as candidaturas poden facerse de maneira presencial ou a través da sede electrónica.

14 de Setembro de 2016
responsabilizate-30set

Responsabilízate, un programa para a implantación da RSE nas empresas galegas

Co obxectivo de seguir impulsando a implantación da RSE no tecido empresarial galego, a Consellería de Economía, Emprego e Industria puxo en marcha o programa Responsabilizate, […]
13 de Setembro de 2016
que e para ti galicia

O Clúster Turismo de Galicia celebra unha xornada técnica coas Universidades galegas de diagnóstico do sector turístico galego

No marco do desenvolvemento da folla de ruta Estratexia de Turismo de Galicia 2020 encomendada ao Clúster Turismo de Galicia para a creación da axenda turística […]
13 de Setembro de 2016
concurso tapas lugo cartel

44 establecementos lucenses compiten na nova edición do Concurso de Tapas de Lugo

Organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio do Concello de Lugo, o Concurso de Tapas de Lugo chega […]
12 de Setembro de 2016
feria KLM

Promoción en Holanda dos campos de golf galegos

Promocionar o uso dos campos de golf galegos por parte dos deportistas holandeses así como promocionar o turismo de golf e a oferta turística galega a […]