Xunta e AGAN pon en marcha dous itinerarios costeiros en abril e maio para contribuír á desestacionalización da oferta turística en Galicia

Co obxectivo de continuar traballando na desestacionalización da oferta turística galega e atraer especialmente turistas estranxeiros ás localidades costeiras de Galicia, Portos de Galicia en colaboración con Turismo de Galicia e a Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) puxeron en marcha o programa “Cruceiros costeiros de Galicia”, que comezará a funcionar o próximo 15 de abril, no marco do programa Nea da Unión Europea. Trátase de varios minicruceros de entre tres e sete días de duración con escalas que permitirán coñecer en profundidade as Rías Baixas a través de paquetes organizados similares aos que se desenvolven noutros países.

A iniciativa terá dous itinerarios diferentes que discorrerán polas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. A primeira delas, a que comeza este mes, é a de “Tesouros das rías”, unha travesía desde Vigo a Vilagarcía de tres días de duración que permitirá coñecer puntos como as illas Cíes. Este minicrucero partirá do Club Náutico de Vigo para visitar Rande, San Simón, Baiona, as Illas Cíes, Sanxenxo, Ribadumia, San Vicente do Mar, Boiro, Vilanova de Arousa e Vilagarcía. Unha opción que poderá gozarse ao completo ou por días soltos.

A segunda opción, que comezará a partir do mes de maio, leva por nome “Cruceiro Illas Atlánticas e Vilas Mariñeiras” . Sairá de Sanxenxo e parará en Pontevedra, Illa de Ons, Bueu, Combarro, A Toxa, Cambados, Ribeira, Vilanova de Arousa, A Pobra do Caramiñal , Vigo, Illas Cíes, Baiona, Rande e San Simón. Farase á mar por primeira vez o 30 de abril.

Ambas as rutas inclúen visitas culturais e divulgación da gastronomía local de cada porto o que permitirá, segundo explicou o presidente de AGAN, Manuel Soliño, ofrecer 198 xornadas de navegación das que gozarán preto de 11.000 persoas que visitarán as costas galegas en tres anos de duración inicial do proxecto. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, cualificou a oferta como “unha gran oportunidade para ou sector turístico” e como unha forma de desestacionalizar o turismo á que augura éxito porque “non temos nada que envexarlle aos fiordos noruegueses”.

As viaxes realizaranse nun catamarán con capacidade para 90 persoas ou nun veleiro para oito ou dez. Os cruceiros serán operados polas navieras InterRías-Náutico Corvo mariño, que fará o circuíto polas rías e Mareal Cruceiros, que se encargará do de Illas Atlánticas. As reservas poden realizarse a través da web Nautic Destinantion ou a través de axencias de viaxes.

04 de Abril de 2016
Presentación Cruceros Costa Galicia

Abril marca o comezo dos primeiros cruceiros costeiros en Galicia

Xunta e AGAN pon en marcha dous itinerarios costeiros en abril e maio para contribuír á desestacionalización da oferta turística en Galicia Co obxectivo de continuar […]
31 de Marzo de 2016
Póster EcomGastro

Nova cita con #EcomGastro, coa gastronomía e a comunicación 2.0 na Coruña

O Hotel Finisterre da Coruña acolle o 28 e 29 de abril a 5ª edición de @EcomEvents, un Congreso de Gastronomía e Comunicación 2.0 que nesta […]
28 de Marzo de 2016
cartel FEB 2016

A Federación de Empresarios do Barbanza pon en marcha en abril un completo programa de formación

Co obxectivo de mellorar a oferta turística e comercial da comarca do Barbanza, a Federación de Empresarios do Barbanza en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, […]
22 de Marzo de 2016
Bo en Boca

Xornadas gastronómicas de fusión na Coruña “Bo en Boca”

Continuando coa aposta da Coruña como destino de turismo gastronómico, a cidade puxo en marcha unha nova iniciativa que se desenvolve desde o 17 de marzo […]