O Clúster Turismo de Galicia participou con caseta propia, ademais de tomar parte en presentacións de produto e marca Galicia

Tras tres días de intensa actividade feiral e de celebración das diferentes actividades programadas, Termatalia México pechou as súas portas con sensación de éxito cultivado e confirmando o gran momento que vive o termalismo a nivel mundial. A terceira das edicións celebradas en América Latina, e a 16ª edición no seu conxunto, conclúe así plenamente convertida nun espazo de capacitación e formación que profesionais de 30 países aproveitaron para ampliar os seus coñecementos no referente ao turismo de saúde.

A presenza en feira dos principais destinos termais de América Latina e a participación como relatoras e impartindo cursos dos principais expertos mundiais do sector, consolidan a Termatalia na como a principal internacional do turismo de saúde á que a práctica totalidade dos países de América Latina acudiu para promocionarse e, sobre todo, formarse e capacitarse no desenvolvemento dos seus recursos termais. Os expositores desta edición mostraron a súa satisfacción polos contactos e reunións realizadas e afirmaron cubrir as súas expectativas.

México, potencial termal
Termatalia México é o reflexo do bo momento que atravesa o turismo de saúde a nivel mundial que leva xa varios anos crecendo a un ritmo do 9% anual. E a celebración desta edición da feira en México serviu para mostrar o potencial do turismo de saúde no país e a súa capacidade de foco de atracción do turismo norteamericano. O turismo de saúde e benestar neste país supón o 50% dos ingresos no sector de toda América Latina e o Caribe, dato que amplía as posibilidades de negocio das empresas que se decidan a participar nesta cita. Este tipo de turismo que vive un momento de expansión considerable xa que, entre 2007 e 2013 duplicou o seu número de spas, contando na actualidade con máis de 3.000 en todo o país e aos que hai que sumar os máis de 575 baños termais repartidos por toda a súa vasta xeografía.

Participación do Clúster Turismo de Galicia
Esta tamén foi a primeira ocasión na que o Clúster Turismo de Galicia participou nesta feira internacional con caseta propia co obxectivo de contribuír a situar a imaxe de calidade das empresas turísticas galegas no mercado mexicano. Ademais de contar cunha caseta, durante eses días desenvolvéronse unha serie de accións promocionais concentradas neste mercado como a participación no Workshop con operadores de Turismo de México (tanto especializados en turismo de saúde como xeneralista), a presentación do produto turístico de Galicia a operadores e axencias de viaxes de México, así como a prensa especializada en Turismo e prescriptores ou a presentación de iniciativas conxuntas entre o CTG e Balnearios de Galicia, todo iso en virtude da axuda concedida polo IGAPE para participar no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. Para conseguir un tecido empresarial mais competitivo.

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa
O obxectivo principal do Programa Exporta Organismos Intermedios 2016 é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

Concluída Termatalia México, comeza a traballarse xa para a celebración de Termatalia 2017 que se celebrará no mes de setembro en Ourense, cidade na que naceu e creceu este proxecto convertido en marca do termalismo mundial. A próxima edición en América Latina será en 2018 nun dos dous países que onte presentaron oficialmente as súas candidaturas para acoller a feira: Brasil e Colombia. Por Brasil preséntase a rexión de Foz de Iguazú onde están situadas as famosas cataratas que promove o binom,io natureza + termalismo. Por parte colombiana, presentouse Departamento de Risaralda, en pleno ?eixo cafetero? e que combinaría café + termalismo. A organización estudará detidamente as dúas candidaturas e elixirá a sede de 2018 nos próximos meses.

PROXECTO COFINANCIADO POR IGAPE, XUNTA DE GALICIA E FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL DO PROGRAMA OPERATIVO 2014-2020

logos FEDER IGAPE

02 de Outubro de 2016
IMG-20160928-WA0018

Máis de 30 países aproveitaron a formación impartida en Termatalia México que pechou as súas portas con grande éxito

O Clúster Turismo de Galicia participou con caseta propia, ademais de tomar parte en presentacións de produto e marca Galicia Tras tres días de intensa actividade […]
30 de Setembro de 2016
turistas-494x300

Máis de 900.000 viaxeiros nun agosto histórico para Galicia

Agosto tamén foi un gran mes para os establecementos extrahoteleros galegos que marcan un incremento medio de 23,6% no número de viaxeiros e 22% no caso […]
30 de Setembro de 2016
MT3

Emocións Enoturismo Galicia, traballando para mellorar a comercialización dos recursos vitivinícolas galegos

O proxecto impulsado por Proturga e Gallaecia, en colaboración co Clúster Turismo, desenvólvese en mesas de traballo con entidades e empresas do sector Un total de […]
29 de Setembro de 2016
portada díptico plan de formación directivos Cluster 2016

Máis de 150 horas de formación gratuíta para profesionais da man do noso Plan de Formacion

Co obxectivo de continuar colaborando na mellora das capacidades e cualificaciones profesionais dos perfís directivos do sector turístico galego, o Clúster Turismo de Galicia lanza unha […]