Ecoloxía, medio ambiente, sustentabilidade, enerxías renovables, bioconstrucción, ideas eco-innovadoras, artesanía, música, pasarela de moda, … todo isto é Ecogalia, o I Salón Ecolóxico de Galicia, que se celebrará en ExpoCoruña entre o 21 e o 23 de outubro. Durante ese tres días, A Coruña converterase no epicentro dun sector que adquire cada vez un maior peso na nosa sociedade. O evento dará cabida ao maior abanico de actividades e expositores sobre ámbitos ?bio? como alimentación, cosmética e téxtil eco, enerxías renovables,  benestar e vida sa, ecoturismo e biocultura, ou o sector do bio-construción. Os visitantes poderán gozar de céspede natural no chan, dúas pasarelas de moda sustentable, un concerto e un automóbil Tesla, ademais de coñecer un Domo Geodésica, degustar produtos ecolóxicos e escoitar máis de 50 charlas técnicas, con presenza de marcas galegas e nacionais.
ECOGALIA promove, difunde, comercializa e expón o último en Cultura Ecolóxica, a través de accións positivas de concienciación, de xornadas científicas e divulgativas, de foros e exposición, de sensibilización cidadá,etc.

Máis información na www.ecogalia.com, no correo info@ecogalia.com  ou chama ao 900 812 740

10 de Outubro de 2016
Ecogalia1

ExpoCoruña acollerá o I Salón Ecolóxico de Galicia

Ecoloxía, medio ambiente, sustentabilidade, enerxías renovables, bioconstrucción, ideas eco-innovadoras, artesanía, música, pasarela de moda, … todo isto é Ecogalia, o I Salón Ecolóxico de Galicia, que […]
06 de Outubro de 2016
asistentes acto Foro Turismo Santiago

Compostela dá os primeiros pasos para revisar o seu plan estratéxico

Compostela acolleu a celebración do foro “STO, Santiago Turismo Ordenado”, un encontro dirixido ao sector turístico compostelán co obxectivo de dar os primeiros pasos para a […]
04 de Outubro de 2016
Presentacion Plan de Formacion 2

Máis de 200 profesionais participarán no novo programa de formación do Clúster Turismo de Galicia

O programa inclúe máis de 150 horas de formación orientada a profesionais do sector que se desenvolve en 9 cidades galegas A primeira das xornadas arrinca […]
03 de Outubro de 2016
grand pavois

A oferta náutica recreativa galega se dió cita na Feira Grand Pavois de Francia

O recinto feiral francés da Rochelle acolleu unha nova edición da feira especializada en turismo náutico Le Grand Pravois, na que o turismo náutico recreativo e […]