O presidente da Xunta fixo a súa intervención no Día de Galicia en Fitur

Tras facer balance dun ano cheo de marcas na chegada de turistas a Galicia, con 4,7 millóns de viaxeiros nos 11 primeiros meses e cunha subida do peso do turismo estranxeiro, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo avanzou algunhas das directrices na que se apoiará o próximo Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020, un plan que anunciou que pronto se presentará e que está acordado co sector a través do Clúster de Turismo de Galicia. Unha iniciativa froito da colaboración co sector que marcará as liñas para consolidar Galicia como destino internacional e para seguir reforzando o peso do turismo no PIB da comunidade, que se ha ir incrementado nos últimos anos até supor o 11% do total.

A combinación de tradición e modernidade, a natureza en estado puro, o patrimonio, a conxugación do rural e urbano e o Camiño de Santiago converten Galicia nun lugar que visitar e ao que volver. “Galicia é capaz de ofrecer experiencias diversas e sempre garantindo o compromiso da calidade, como o acreditan os 281 establecementos que en 2016 obtiveron a Q de calidade”, explicou o presidente da Xunta, que fixo fincapé en que o turismo é a privilexiada xanela coa que nos asomamos ao mundo. Cada peregrino, cada turista, convértese en improvisado embaixador de Galicia, explicou.

Sendo o Camiño de Santiago o sinal de identidade máis coñecido – respecto diso do que anunciou que haberá un programa especial para conmemorar os 30 anos da declaración de Santiago de Compostela como primeiro itinerario cultural europeo- , o responsable autonómico subliñou tamén a importancia da gastronomía, a natureza ou o termalismo. Ao respecto, destacou que para aproveitar a beleza da paisaxe poranse en marcha iniciativas como a Rede de miradoiros de Galicia ou as Rutas e sendas de Galicia; e na web Galicia Natural e Única, presentada tamén en Fitur, recóllese toda a información da Rede de parques naturais da Comunidade.

O responsable autonómico aseverou que Galicia leva séculos sendo a meta de moitos viaxeiros “e seguiremos traballando para que siga sendo un punto de encontro entre culturas, entre linguas e, en definitiva, entre persoas, non só de Europa senón de todo o mundo”, dixo, incidindo en que o Camiño non é só unha ruta capaz de marcar a nosa xeografía, senón tamén o noso carácter.

23 de Xaneiro de 2017
Feijoo en Fitur 2017

Feijóo avanza as directrices para o Plan Estratéxico do Turismo 2017-2020

O presidente da Xunta fixo a súa intervención no Día de Galicia en Fitur Tras facer balance dun ano cheo de marcas na chegada de turistas […]
22 de Xaneiro de 2017
trenes turísticos

Dúas novas rutas urbanas para os trens turísticos de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou en Fitur a nova tempada dos trens turísticos nunha presentación na que anunciou que esta oferta turística […]
22 de Xaneiro de 2017
ourense fitur

Ourense, plan perfecto para escapadas

A provincia tamén foi protagonista da presentación do primeiro paquete turístico transfronteirizo e da presentación da marca Manzaneda-Trevinca Coa actriz Miryam Galego como representante de excepción, […]
21 de Xaneiro de 2017
premio trivago

Compostela recolle o premio á reputación en liña

A capital galega presentou en Fitur o acordo con Lufthansa polo que Compostela quedará conectada con Frankfurt ou Munich a partir de marzo Santiago de Compostela […]