Co obxectivo de seguir traballando na diferenciación do destino Galicia-Norte de Portugal e captar novos fluxos de turismo náutico para os portos galegos de titularidade autonómica, a Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, participa no proxecto europeo Ecodestín asociada coa Rexión Norte de Portugal.

Co proxecto europeo preténdese dar a coñecer a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como destino singular náutico e deportivo de carácter único, ao estar integrado por dous países. A proposta, enmarcada no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020 concibida para optimizar os recursos do sector e rendibilizar ao máximo as instalacións náutico recreativas, oriéntase especialmente cara aos mercados internacionais como o alemán, inglés, escandinavo, francés e americano.

A través desta iniciativa, a Consellería do Mar pretende converter os peiraos nas pontes de acceso ás vilas náuticas e a oferta patrimonial do interior promovendo o desenvolvemento de novas ofertas náuticas, con especial atención a aqueles portos con notable valor patrimonial, seguindo o exemplo de desenvolvemento e de polo de atracción turística que son os fiordos en Noruega.

Os portos que sexan elixidos como portos piloto para o proxecto poderán recibir, a través del, investimento de fondos europeos para aumentar a capacidade de atracada dos tránsitos e facelos máis accesibles a persoas con discapacidade. Finalmente tamén se poderá reforzar nestes casos as dotacións tecnolóxicas que melloren os servizos que ofertan os portos aos potenciais turistas náuticos para buscar a diferenciación con outros portos do Mediterráneo e o Atlántico Norte.

No proxecto, liderado pola Asociación Galega de Actividades Náuticas (Agan+) e Portos de Galicia participan tamén a Fundación Deporte Galego e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar.

22 de Decembro de 2016
Eurorregión Galicia Norte de Portugal

Ecodestin suporá un novo impulso para captar novos fluxos de turismo náutico a Galicia

Co obxectivo de seguir traballando na diferenciación do destino Galicia-Norte de Portugal e captar novos fluxos de turismo náutico para os portos galegos de titularidade autonómica, […]
21 de Decembro de 2016
ITB Berlin

O astroturismo, xunto co turismo sustentable e de de aventura, claves da próxima edición da ITB Berlín

A astronomía como atractivo turístico será un dos eixos temáticos ao redor dos que virará a próxima edición da feira internacional de turismo ITB Berlin, que […]
20 de Decembro de 2016
ruta-del-impresionismo-de-las-marinas-1480940556

A Ruta do Impresionismo, novo atractivo turístico para As Mariñas

Froito dun un convenio entre o Consorcio As Mariñas e Turismo de Galicia, a denominada Ruta do Impresionismo está a chamada a converterse en 2017 nun […]
19 de Decembro de 2016
Camino de Santiago

O Camiño de Santiago, elemento fundamental de promoción para a España Verde en 2017

O Camiño de Santiago será en 2017 o elemento fundamental de promoción internacional da marca turística España Verde, da que forman parte Galicia, Asturias, Cantabria e […]