Baixo o título #Estratexia2020 a xornada contará coa presenza de Matilde Asián, secretaria de Estado de Turismo, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro así como relatorios e mesas redondas con destacados expertos que trazarán unha visión de conxunto das tendencias e orientación de futuro do sector

A cita será o vindeiro xoves 27 de abril e as inscricións para participar no encontro abriranse a próxima semana

Ourense convírtese este ano na sede dos Encontros Anuais do Clúster Turismo de Galicia, unha iniciativa coa que o CTG busca profundar no coñecemento de Galicia como destino turístico e servir de punto de encontro para o conxunto do sector implicado en mellorar a posición competitiva de Galicia no mercado turístico global.  A cita será o próximo 27 de abril nunha xornada única que se desenvolverá no Centro Cultural Marcos Valcárcel e que contará coa presenza, entre outros, da Secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Nesta nova edición o III Encontro Clúster Turismo de Galicia nace baixo o título #Estratexia 2020 e é que, trala recente aprobación da nova Estratexia de Turismo de Galicia 2020 que marca a folla de ruta do sector para o próximos catro anos, a xornada irá encamiñada a ofrecer unha visión de conxunto das tendencias actuais e trazar a orientación de futuro para o sector en Galicia baixo os criterios trazados no plan estratéxico aprobado pola Xunta o mes pasado.

Termalismo e gastronomía, deportes e turismo, innvación e novas tecnoloxías, o Encontro Clúster Turismo de Galicia abordará as sinerxías que pode desenvolver o sector turístico con outros eventos de carácter cultural, deportivo ou gastronómico para o que se contará coa presenza de destacados relatores vinculados coa mercadotecnia turística, o turismo deportivo, enogastronómico e, como non podía ser doutra maneira celebrándose o encontro na cidade das Burgas, vinculados ao termalismo e o turismo de saúde. Tamén haberá espazo para o coloquio, as mesas redondas e o networking nas que tamén estarán presentes responsables de importantes grupos internacionais do sector da intermediación, as novas tecnoloxías ou o turismo colaborativo como Amadeus, IBM, Pangea, AirBnB…

Organizada en colaboración coa Deputación de Ourense, o Encontro está dirixido a profesionais do sector turístico, e a toda a cadea de valor que conforma o sector turístico en Galicia co obxectivo de crear sinerxías e traballar conxuntamente en prol do Destino Galicia.  A participación a este encontro é libre e gratuíta, previa inscrición ata completar aforamento. O programa completo e o prazo de inscrición abriranse a próxima semana.

06 de Abril de 2017
slider-01

Ourense acollerá a 3ª edición dos Encontros do Clúster Turismo de Galicia

Baixo o título #Estratexia2020 a xornada contará coa presenza de Matilde Asián, secretaria de Estado de Turismo, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro así […]
05 de Abril de 2017
vinis terrae 2017

Vinis Terrae pecha a súa sétima edición coa visita de máis de 600 profesionais e 1200 encontros profesionais de negocio

O Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade Vinis Terrae celebrado en Expourense pechou a súa sétima edición despois de dous días de intensa actividade […]
29 de Marzo de 2017
cabecera_rias_baixas_por_moitas_razons

Seis Camiños, 8+1 festivais, enoturismo e excelencia turística: os eixos do destino Rías Baixas 2017

Baixo a lema “Por moitas razóns” presentouse a nova campaña de promoción turística da Deputación de Pontevedra A sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra acolleu […]
24 de Marzo de 2017
O titular do Goberno galego, Alberto Nœ–ez Feij—o, presidir‡ a reuni—n do Consello da Xunta. Na sala de Consello. Sî GRçFICOS. A partir das 12,30 horas, comparecer‡ en rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na reuni—n do Consello. Na sala de prensa de Consello.

A nova Estratexia do Turismo de Galicia traballará para consolidar en 2020 un destino turístico competitivo, sustentable e diferenciado a nivel global

A Xunta de Galicia aprobou o novo plan estratéxico que guiará o desenvolvemento do sector no horizonte 2020. Trátase dunha folla de ruta que conta cun […]