A necesidade de adaptarse ás novas esixencias do turista e de crear produtos nos que vaian de mánoa termalismo, cultura e enogastronomía no marco dun modelo turístico centrado na innovación, a calidade e a sustentabilidade foron algúns dos eixos ao redor dos que virou a terceira edición dos Encontros Anuais do Clúster Turismo de Galicia que se desenvolveron no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense nunha cita anual xa consolidada co sector na que o CTG volveu contar co respaldo tanto do sector turístico galego, coa participación de ao redor de 300 profesionais, como das diferentes administracións públicas, co apoio de Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense.

Precisamente neste sentido manifestábase o director xeral de Turespaña, Manuel Butler, que participou na inauguración en nome da secretaria de Turismo. Butler destacou ao Clúster Turismo de Galicia como exemplo de cooperación público-privada e polo traballo desenvolvido neste tres anos de existencia da entidade para crear unha voz do sector e traballar na modernización, rendibilidade e competitividade do modelo turístico galego. O responsable de Turespaña fixo mención ao achegue de Galicia ao éxito turístico español, con cifras de crecemento e creación de emprego e destacou que o modelo turístico galego está en sintonía co español.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, pola súa banda, tamén destacou a importancia da celebración deste tipo de encontros, que serven para ordenar e dar valor aos produtos e o potencial turístico co que conta tanto a provincia como o conxunto de Galicia. Baltar puxo o acento na gran verstalidad da provincia ourensá, que conta con instalacións e potencial para desenvolver turismo deportivo, astroturismo, termalismo e, por suposto, turismo enogastronómico e etnografico e desataco as iniciativas postas en marcha pola Deputación para o desenvolvemento destes produtos.

Tanto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que tamén participou na inauguración da xornada, como o presidente do Clúster Turismo de Galicia, fixeron mención á excelente sintonía alcanzada entre o sector galego e a administación pública, que permitiu elaborar conxuntamente o novo Plan Estratéxico de Turismo de Galicia, que Castro anunciou que se presentará oficialmente o próximo 5 de maio nun acto en Compostela e que o presidente do CTG adiantou que estará moi centrado na posta en marcha de medidas para a sustentabilidade, a formación, a calidade e a rendibilidade do sector turístico galego.

 

27 de Abril de 2017
III Encuentro Clúster Turismo Galicia

Ourense acolleu a terceira edición dos Encontros Anuais do Clúster Turismo de Galicia, unha xornada na que se abordaron as novas necesidades do turista

A necesidade de adaptarse ás novas esixencias do turista e de crear produtos nos que vaian de mánoa termalismo, cultura e enogastronomía no marco dun modelo […]
26 de Abril de 2017
_ponentes-0

Máis de 200 profesionais do sector turístico daranse cita no III Encontros Clúster Turismo de Galicia

A xornada #Turismo2020 contará con dous relatorios a cargo de Fernando Puelles, responsable da área de Business Travel de Amadeus España, que nos ofrecerá información sobre […]
19 de Abril de 2017
Presentación CTG Lugo

Lugo acolleu a primeira das presentacións provinciais do Clúster Turismo de Galicia

Estas accións, que se desenvolverán en diferentes puntos da xeografía galega, están encamiñadas a achegar o CTG ao sector A sede da Asociación Provincial de Empresarios […]
18 de Abril de 2017
EFE/Óscar Corral.

Satisfacción do sector cunha Semana Santa que superou as expectativas

Co obxectivo de coñecer o comportamento do sector turístico galego durante a Semana Santa 2017, o Clúster de Turismo de Galicia realizou entre asociados sondaxes antes […]