Conclúe a misión comercial do Clúster Turismo de Galicia na World Travel Market de Londres con boas sensacións e duplicando o número de encontros profesionais celebrados

Conclúe a quinta misión comercial do Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market con bo sabor de boca, tras comprobar o incremento do interese da turoperación británica no Destino Galicia. Ao longo do tres días de xornadas profesionais a trintena de profesionais do sector turístico galego mantiveron máis de medio centenar de encontros, práciticamente o dobre que en 2017, con 25 turoperadores británicos de perfil variado.

E o que é aínda máis importante: a maior parte dos contactos desenvolvéronse con turoperadores británicos que son referentes no seu segmento de mercado, desde o turismo cultural con empresas como Martin Randall e ACE Cultural Tours ao do mercado de luxo con A&K, Kirker; empresas con moito peso no segmento de touring e cruceiros como Albatross Grouo ou Saga Holidays; relixioso: Tangney Tours e por suposto de aventura con énfase no ámbito da sustentabilidade, a través de encontros comerciais con empresas líderes non só no mercado británico senón tamén no panorama internacional: World Expeditions, National Geographic Expeditions, Ramblers Worlwide Holiday…

O turismo activo, a gastronomía, o turismo urbano e cultural e, por suposto, o Camiño de Santiago, foron os principais intereses que manifestaron moitos dos contactos profesionais que visitaron o espazo de Galicia na caseta de Turespaña no que se continuaron afianzando algúns contactos e sinerxías establecidas en anteriores encontros, tanto en edicións anteriores desta feira como en iniciativas como o Spain Reloaded, celebrado na Toja en outubro do ano pasado.

Tampouco faltaron turoperadores que buscaban ampliar programas consolidados con saídas garantidas para todo o 2019 buscando novos itinerarios e propostas para 2020 e 2021. Falouse moito de camiño, pero tamén de turismo mariñeiro en conexión con gastronomía, megalitismo ou camelias. Outro nicho moi interesantes que tiveron cabida na axenda son o de Slow travel ou turoperadores especializados en tours para motos, que demostraron o seu interese pola oferta turística galega, onde cada vez buscan experiencias personalizadas e de maior calidade, moitos dos cales querían ampliar experiencias, localizar zonas de interese en Galicia ou ampliar aloxamentos.

Axenda institucional
Ademais, durante estes días tamén se desenvolveron encontros institucionais tanto coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, como coa secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Oliver, o director Xeral de Comercio e Turismo de Asturias, Julio González Zapico, ou o director da rede de Paradores, Óscar López, entre outros.

“Estamos moi satisfeitos do nivel de traballo desenvolvido durante estes días na feira, segue sendo unha das citas máis importantes para o sector turístico a nivel internacional e tamén unha cita de gran interese para o sector galego, non só polos encontros profesionais coa turoperación británica, se non tamén por coñecer tendencias de futuro ou polas sinerxías que se desenvolven entre nós”, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, quen destacou a importancia de seguir traballando na internacionalización do sector turístico galego a través da segmentación e a especialización da oferta turística.

07 de Novembro de 2018
WTM 2018 reuniones3

Medra o interese da turoperación británica polo destino Galicia

Conclúe a misión comercial do Clúster Turismo de Galicia na World Travel Market de Londres con boas sensacións e duplicando o número de encontros profesionais celebrados […]
06 de Novembro de 2018
10,00 h.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, comparecerá por petición propia para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento. No Pazo do Hórreo.

foto xoán crespo
06/11/2018

Román Rodríguez explicita os eixos de desenvolvemento do programa da Consellería de Cultura e Turismo para o próximo ano

Baixo o escenario do Xacobeo 2021, o conselleiro esbozou as principais liñas de actuación para o desenvolvemento da cultura e o turismo galegos, que identificou como […]
05 de Novembro de 2018
foto grupo WTM2018

Unha trintena de profesionais participan desde hoxe na WTM de Londres, cita imprescindible para o sector turístico

O Clúster Turismo de Galicia volve participar na World Travel Market de Londres da man de Turismo de Galicia para seguir impulsando a internacionalización do sector […]
30 de Outubro de 2018
foto grupo entrega placas galicia friendly

Galicia Friendly clausura a súa 2ª edición con 70 novas adhesións ao seu programa de mellora de competencias lingüísticas

Santiago acolleu a xornada de clausura do programa cuxo obxectivo é a mellora da imaxe dos establecementos e da atención a visitantes estranxeiros A Cidade da […]