Os profesionais da hostalaría lucense celebraron este ano a súa gala anual en Viveiro, no hotel Val do Naseiro nunha gala na que se fixo entrega dos galardóns que a Apehl outorga anualmente a hostaleiros cunha longa traxectoria profesional no sector e as persoas ou organismos que apoian incondicionalmente a difusión e promoción da gastronomía e turismo da rexión. O evento reuniu a máis de 150 hostaleiros chegados desde diversos puntos da provincia e contou coas intervencións da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o presidente da Deputación Provincial, Darío Campos; o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro. Tamén estiveron presentes outros representantes da sociedade e da política lucense e galega, entre eles a xefa da área Provincial de Turismo de Lugo, Pomba Vázquez; a concelleira de Turismo do Concello de Viveiro, María Soidade Rei; a secretaria da Mesa do Parlamento, Raquel Arias, a delegado da área de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, e o secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.
O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, foi o encargado de entregar o premio de Embaixador Hostaleiro da Provincia 2018 a Iñaki Albistur, encargado nos últimos anos do catering da caseta de “E para comer, Lugo” na Volta Ciclista a España destacando o traballo levado a cabo durante eses anos, así como a súa amabilidade, xenerosidade e bo facer con todo o equipo durante todos estes anos.
Así mesmo, a asociación de hostaleiros lucenses tamén homenaxeou a traxectoria doutro tres persoas que dedicaron a súa vida á profesión. Recibiron os premios Toda unha vida nos fogóns Alberto García, do Restaurante Mesón de Alberto de Lugo, e Rosario Quelle e Manuel Balseiro, do Hotel Ego de Viveiro.
Cheché Real volveu lembrar o recente 40 aniversario da Asociación e destacou que “traballamos e seguiremos traballando neste sentido porque somos moitos os que loitamos día a día por este sector. E os 41 e seguintes non deben ser menos, todo o contrario”. A súa intervención rematou con agradecementos a todas aquelas institucións e organismos que colaboran de maneira incondicional coa Apehl e a todo o público pola súa asistencia á gala.

20 de Marzo de 2018
autoridades_premiados Gala Anual APHEL

A APEHL reune hostaleiros de toda a provincia na súa festa anual

Os profesionais da hostalaría lucense celebraron este ano a súa gala anual en Viveiro, no hotel Val do Naseiro nunha gala na que se fixo entrega […]
19 de Marzo de 2018
Agua de Galicia

A marca Auga de Galicia contribuirá a dar valor á orixe galega e a composición das augas minerais e termais galegas

“A auga é industria, riqueza, emprego e alimento”. Baixo esta máxima presentouse a marca Auga de Galicia nun acto que tivo lugar no balneario Termas de […]
13 de Marzo de 2018
CartelNotasDeCataRutaFinalFB-960x675

As “Notas de Cata” inauguran a programación anual da Ruta do Viño Rías Baixas con degustación de viños, conservas e música

As sesións comezan o 16 de marzo en Pontevedra e chegarán ata O Porto nunha programación que este ano inclúe actividades formativas A Ruta do Viño […]
12 de Marzo de 2018
mesa fevitur 1

Galicia foi posta como exemplo de regulación exitosa das vivendas de uso turístico nun foro celebrado na ITB Berlin

O CTG concliu a súa cuarta misión comercial en Alemaña con medio centenar de encontros profesionais celebrados O Clúster Turismo de Galicia, da man do seu […]