A entidade celebrou a súa Asemblea Anual na que deu conta da memoria de actuacións de 2017 e ratificou a adhesión de seis novos membros

A Cidade da Cultura acolleu a celebración da Asemblea Xeral do Clúster Turismo de Galicia, o encontro anual que esta entidade celebra cos seus asociados e que serviu para facer balance tanto das actuacións do ano pasado como para expor e ratificar a proposta de orzamento e actuacións para 2018. Tras a intervención da secretaría técnica e o presidente do CTG, Francisco González, o máximo órgano do CTG avalou as decisións tomadas polo Consello Executivo, aprobando todos os puntos do órden do día.

Así, aprobouse a modificación de Estatutos do CTG e do Regulamento de Réxime Interno do CTG, que obedece a un reaxuste de carácter interno de adaptación ás necesidades de funcionamento, que requiren resposta máis áxil para o cada vez maior número de actuacións que leva a cabo esta entidade. A Asemblea ratificou así os cambios aprobados previamente polo Consello Executivo e que estarán vixentes no prazo de 3 meses.

A Asemblea Xeral tamén serviu para ratificar a adhesión de novos asociados, nesta ocasión foron Muxía Natural Asociación Turismo Rural; Asociación Vanconguía; Asociación Profesional de Turismo Rural CAMPOEMAR; Asociación Galega de Feiras e Eventos (AGAFE); Asociación Empresarios Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía (SOLPOR) e Viaxes Abramar, S.A. que se incorporan como asociados de pleno dereito o que permite ao Clúster Turismo de Galicia sumar un total de 64 entidades asociadas e agrupar a máis de 7.000 empresas .

Orzamento 2018
A Asemblea tamén aprobou tanto a memoria de actuacións de 2017 como a proposta para este 2018, cuxo orzamento ascende a algo máis de 880 mil euros. Desta cantidade, a maior partida vai destinada ao capítulo de promoción e comercialización de Galicia como destino turítico, dotado con medio millón de euros, e no que se compromente actuacións encamiñadas á mellora da comercialización dos produtos turísticos de Galicia, especialmente as que incidan na tempada baixa (outubro a abril); publicacións e material promocional de apoio específico á promoción e difusión dos recursos turísticos; organización e participación en feiras, congresos, exposicións, xornadas técnicas, encontros e seminarios de carácter turístico así como proxectos de mercadotecnia en liña e campañas de publicidade ou accións de fam e press trips.

O orzamento aprobado complétase, ademais, cun convenio para a creación de produto turístico por importe de 95 mil euros así como a continuación dos convenios asinados en anos anteriores coa Xunta de Galicia para a promoción da Q de Calidade, a formación de directivos e o impulso do asociacionismo, ademais dun convenio asinado coa Deputación de Pontevedra para a execución dunha xornada profesional orientada ao sector turístico galego.

Oito proxectos de comercialización

No marco das actuacións deste ano, o Clúster Turismo de Galicia tamén levará a cabo os proxectos de promoción do Destino Galicia aprobados a partir das propostas que os asociados do CTG fixeron a comezos de ano no marco do Concurso de Ideas. En total levarán a cabo 8 proxectos por un importe de 205.543,95? que deberán estar executados antes do 1 de novembro deste ano.

Entre os proxectos aprobados atópanse algúns que están en marcha desde hai dous anos, como o de impulso da oferta complementaria do Turismo Rural, o Galicia MICE, Galicia Destino Activo ou o impulso da marca Enoturismo Galicia. Outros, comezaron o ano pasado como o de Galicia Friendly e o de Galicia Destino Familiar mentres que outros son de nova creación, como o de Golf&Wellness e o de Turismo de Saúde e Médico, ambos os vinculados directamente co termalismo e o coidado da saúde a través do deporte e a dieta.

Balance 2017

Finalmente o presidente do Cluster Turismo de Galicia agradecio o apoio prestado polos asociados e destacou o gran número de actividades levada a cabo durante o ano pasado. “Foron centenares de reunións, participación en xornadas, apoio de proxectos e participación en workshops, feiras e eventos de todo tipo, miles de horas e quilómetros para seguir apostando por esta entidade, pola súa consolidación e o seu futuro”, explicou o presidente do CTG, Francisco González.

21 de Xuño de 2018
asamblea 4

O Clúster Turismo de Galicia aproba un novo regulamento para un funcionamento máis eficiente

A entidade celebrou a súa Asemblea Anual na que deu conta da memoria de actuacións de 2017 e ratificou a adhesión de seis novos membros A […]
13 de Xuño de 2018
destino_activo_11-06_DSC02801

Galicia Destino Activo avanza na creación de máis de 16 produtos de turismo activo

A marca de referencia de Turismo Activo de Galicia está a involucrar a través de mesas de traballo a tódalas empresas turísticas do territorio galego con […]
11 de Xuño de 2018
showcooking turismo de salud

Impulso de accións de formación e promoción para impulsar Galicia como destino saudable

Expourense, a través da súa marca Termatalia,Fundación Semana Verde de Silleda e a Federación de Hostalaría de Ourense puxeron en marcha un proxecto conxunto coa vinculado […]
08 de Xuño de 2018
visita stand Turexpo 2018

O Clúster Turismo de Galicia participa na oitava edición de Turexpo

Máis de 40 turoperadores de 12 países, 45 festas de interese turístico, decenas de casetas de entidades públicas e privadas para dar a coñecer a oferta […]