Con este novo investimento, esta ruta do Camiño de Santiago recibiría máis de 800.000 euros para a sinalización e mellora do Camiño Francés

A Catedral de Santiago recibiu ao peregrino 100.000 deste ano

Os concellos de Arzúa, Pedrafita do Cebreiro, Sarria, Paradela, Portomarín e Samos serán os beneficiados dos traballos de mellora da sinalización do Camiño Francés que Turismo de Galicia porá en marcha a finais do mes de xullo para completar os traballos iniciados a comezos de ano cun investimento inicial de 320.000 euros e que suporán, coa nova achega, un investimento total de algo máis de 800.000 euros nesta ruta.

As obras previstas, licitadas por un importe superior ao medio millón de euros, actuarán sobre a sinalización existente e tamén sobre o estado de accesibilidade do Camiño. Ademais, supoñen a apertura de tramos até agora non abertos ao tránsito dos peregrinos, garantindo as máximas garantías de respecto aos valores tradicionais.

En canto á sinalización, colocaranse mouteiras, cunchas cerámicas ou de bronce, placas e outros sinais atendendo ao Manual de Sinalización Turístico de Galicia que establece que as mouteiras han de ser de granito, con frecha tallada e pintada en amarelo, placa de latón co punto quilométrico e co texto “Galicia” gravado. En canto ás cunchas, serán de cerámica e colocadas en horizontal cunha frecha das mesmas dimensións indicativa da dirección. Nos lugares considerados Ben de Interese Cultural disporanse cunchas de bronce. Con estas actuacións, cunha duración prevista de 4 meses, complétase o programa de sinalización do Camiño Francés posto en marcha por Turismo de Galicia e que segue sendo a vía de maior chegada de peregrinos, un 65,61% do total en 2015.

Peregrino 100.000

Aínda que non foi precismente o Camiño Francés o escollido polo peregrino 100.000 deste ano se non o Portugués. O murciano José Rodríguez foi este ano o peregrino que alcanzou esta cifra, o que lle fixo acredor dunha homenaxe na Catedral, un libro e un diploma acreditativo. O peregrino explicou que escolleu esta ruta porque o seu fillo, con quen compartiu o Camiño, está a estudar na Universidade de Lisboa. O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, pola súa banda, aproveitou para lembrar que este ano seguen baténdose records de chegada de peregrinos, 8000 mil máis que o ano pasado no mesmo período, o 64% deles de orixe internacional.

04 de Xullo de 2016
peregrino camino de santiago

A finais de xullo comeza a segunda fase de mellora da sinalización do Camiño Francés por importe de máis de 500.000 euros

Con este novo investimento, esta ruta do Camiño de Santiago recibiría máis de 800.000 euros para a sinalización e mellora do Camiño Francés A Catedral de […]
01 de Xullo de 2016
golf senior

La Barganiza e Basozabal acolleron senllas probas do VI Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

Coa disputa da quinta etapa do Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia ao torneo réstalle tan só unha etapa, que se celebrará o vindeiro mes de outubro […]
30 de Xuño de 2016
Cluster WTM Londres

Aberto o prazo de inscrición para participar na próxima misión comercial á World Travel Market de Londres

O Clúster Turismo de Galicia volve organizar unha delegación para participar nesta feira profesional e manter contactos comerciais previamente axendados Até o 20 de xullo próximo […]
29 de Xuño de 2016
resoe

Galicia, Castela e León, Asturias e Portugal promocionarán de forma conxunta o Camiño de Santiago

As rexións acordaron impulsar un maior aproveitamento turístico dos seus bens patrimoniais e combinalos coa oferta gastronómica, enológica e de natureza Co obxectivo de crear produtos […]