Con motivo da celebración do Día internacional do Guía de Turismo, a Asociación Profesional de Guías de Galicia ofrecerá ao longo de toda a xornada do venres, 21 de febreiro, en múltiples puntos de Galicia visitas guiadas gratuítas, Ao final das visitas, cuxo obxectivo é visibilizar o traballo destes profesionais, un colectivo especialmente afectado polo intrusismo e a competencia desleal, recadaranse donativos de maneira voluntaria en prol da Federación Galega de Esclerose Múltiple, FEGADEM.

Baixo o slogan “Se turista na túa terra,: coñece todo o que a túa cidade ten por ofrecer”, este colectivo quere tamén contribuír a pór en valor o turismo interno, loitar contra a turismofobia e fomentar un turismo responsable nas cidades, sustentado nun traballo documentado e veraz, que os sitúa como os mellores embaixadores dos territorios que ensinan aos viaxeiros. As visitas guiadas terán lugar en:

– SANTIAGO DE COMPOSTELA (12:00 h e 16:00 h Praza de Pratarías)
– A Coruña (12.00 h Praza María Pita, 17:00 h Obelisco).
– OURENSE (17:00 h Oficina de Turismo).
– LUGO (12:00 h e 17:30 h Praza Maior (soportais do Concello)).
– PONTEVEDRA (11:00 h diante do Concello).
– VIGO (12:00 h entrada do Pazo Quiñones de León; 17:00 h Estatua do Bañista (Rúa Cánovas do Castelo, 19
– MONFORTE DE LEMOS (17:30 Parador Nacional de Monforte).

Para grupos de máis de 8 persoas convén facer reserva indicando horario e ruta do
seu interese mediante correo electrónico a info@guiasdegalicia.org. Ademais este ano como novidade, tamén se poderá solicitar a visita guiada para grupos noutros idiomas.

21 de Febreiro de 2020
paraguas amarillos guías de galicia

Apit Galicia celebra con visitas guiadas gratuítas o Día Internacional do Guía de Turismo

Con motivo da celebración do Día internacional do Guía de Turismo, a Asociación Profesional de Guías de Galicia ofrecerá ao longo de toda a xornada do venres, […]
20 de Febreiro de 2020
Jornada ESADE 2020

Os hábitos de consumo, o abaratamento de prezos e os custos ambientais, os factores que máis inquietan ao sector turístico galego

Presentouse en Santiago o Informe de innovación turística en Galicia, no marco dunha xornada sobre retos de futuro na que participaron máis dun centenar de profesionais […]
20 de Febreiro de 2020
caldo y pincho

Caldo de Gloria en Compostela e petiscos en Lugo

A hostalaría e o comercio compostelán únense para celebrar o Día de Rosalía 2020 Lugo acolleu a presentación do I Campionato Oficial de Petiscos e Tapas […]
19 de Febreiro de 2020
32 congreso opc spain

Máis de 300 participantes confirmados para o congreso nacional de OPC Spain

A cita permitirá dar a coñecer o potencial de Galicia para acoller grandes eventos O sector de eventos español reúnese esta semana en Compostela no 32 […]