Contratación

Os proxectos deberán ser presentados antes do 20 de maio para o seu desenvolvemento por parte do Clúster Turismo de Galicia antes de novembro de 2016

O Clúster de Turismo de Galicia lanza este ano un novo concurso de ideas para levar adiante proxectos de cooperación entre os distintos asociados do CTG durante o 2016. As propostas, que prodán obter un máximo de 60.000 euros de financiamento, deberán virar ao redor da calidade, creación de novos produtos turísticos, uso do TIC, Camiño de Santiago ou comercialización, promoción ou internacionalización do produto ou a oferta turística.

O Clúster destinará para estas accións unha partida total de 150.000 euros co obxectivo de impulsar proxectos que permitan favorecer a cooperación entre diferentes axentes ou empresas asociadas ao CTG. Así, por exemplo, poderanse presentar propostas de campaña de difusión e elaboración de materiais, press e fam trips, xornadas de divulgación, proxectos de innovación tecnolóxica, etc.

Cabe destacar que todos os proxectos, que deberán estar executados antes do 1 de novembro de 2016, deberán presentarse por máis dunha entidade asociada ao CTG, sen prexuízo de que o desexable sería que se agrupasen todas aquelas coincidentes pola finalidade do proxecto. Así mesmo, unha entidade asociada ao CTG non poderá presentar máis dun proxecto ou estar incluída en máis dun proxecto conxunto. De incumprir esta norma,quedaría excluída de todos os proxectos presentados.ou necesarias ás anteriores, debidamente justificado.

Na zona de descargas do Cluster está dispoñible tanto as bases de concurso, como os criterios de puntuación e un modelo para presentar o proxecto. A data límite para presentar os proxectos é o 20 de maio.

21 de Abril de 2016
imagotipo_turismo_galicia1

O Clúster de Turismo lanza o seu concurso de ideas para executar proxectos turísticos conxuntos en 2016

Os proxectos deberán ser presentados antes do 20 de maio para o seu desenvolvemento por parte do Clúster Turismo de Galicia antes de novembro de 2016 […]
14 de Abril de 2016
imagotipo_turismo_galicia1

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “asistencia técnica para o desenvolvemento dunha campaña de promoción a través do programa Presume de Galicia” coa colaboración da Xunta de Galicia -Axencia Turismo de Galicia

Descarga
14 de Abril de 2016
imagotipo_turismo_galicia1

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de consultoría e asistencia técnica para a implantación e mellora continua do sistema Q de Calidade Turística e da marca Galicia Calidade” durante 2016 coa colaboración da Xunta de Galicia -Axencia Turismo de Galicia

Descarga
21 de Xaneiro de 2016
imagotipo_turismo_galicia1

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “asistencia técnica integral do Clúster de Turismo de Galicia” coa colaboración da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia.

Descagar o prego