Contratación

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os mellores proxectos e polos en marcha desde o CTG. Cada proxecto deberá ser presentado por máis dunha entidade asociada ao CTG, sen prexuízo de que o desexable sería que se agrupasen todas aquelas coincidentes pola finalidade do proxecto. Cun máximo de 60.000 euros por proxecto, as ideas sobre algunha ou varias das materias propostas: uso do TIC para mellora da comercialización, Camiño de Santiago, calidade, creación de produto turístico, comercialización, promoción ou internacionalización, seguindo os criterios e características que se estipulan nas bases do concurso, que xa se poden descargar nesta ligazón.

O prazo para presentar as propostas, que deberán enviarse por correo electrónico ao enderezo electrónico st@ctg. gal, remata o 31 de marzo

Descarga as bases en pdf

Descarga o formulario para cumprimentar

02 de Marzo de 2017
logo_turismo

Convocatoria do Concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia para asociados

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os mellores proxectos e polos en marcha desde o […]
20 de Febreiro de 2017
logo_turismo

Adxudicación asistencia técnica para a organización dunha misión comercial na Feira Internacional ITB Berlin 2017

Viajes El Corte Inglés, S.A. Importe adxudicación: 30.726,00 euros (IVE INCLUÍDO)
20 de Xaneiro de 2017
logo_turismo

Adxudicación asistencia técnica para a organización dunha misión comercial á Feira Internacional Fitur Madrid 2017

Viajes Abra-mar, S.A. Importe adxudicación: 13.713,39 euros (IVE INCLUÍDO)
19 de Decembro de 2016
imagotipo_turismo_galicia1

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “asistencia técnica para a organización dunha mision comercial á feira internacional ITB Berlin 2017” coa colaboración da Xunta de Galicia -Axencia Turismo de Galicia.

Aberto o prazo para presentar candidaturas ata o 3 de xaneiro de 2017 Descarga pregos