Contratación

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os mellores proxectos e polos en marcha desde o CTG. Cada proxecto deberá ser presentado por máis dunha entidade asociada ao CTG, sen prexuízo de que o desexable sería que se agrupasen todas aquelas coincidentes pola finalidade do proxecto. Cun máximo de 60.000 euros por proxecto, as ideas sobre algunha ou varias das materias propostas: uso do TIC para mellora da comercialización, Camiño de Santiago, calidade, creación de produto turístico, comercialización, promoción ou internacionalización, seguindo os criterios e características que se estipulan nas bases do concurso, que xa se poden descargar nesta ligazón.

O prazo para presentar as propostas, que deberán enviarse por correo electrónico ao enderezo electrónico st@ctg. gal, remata o 6 de febreiro.

Descarga as bases en pdf

Descarga o formulario para cumprimentar

26 de Decembro de 2017
logo_turismo

Convocatoria do Concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia para asociados

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os mellores proxectos e polos en marcha desde o […]
22 de Decembro de 2017
imagotipo_turismo_galicia1

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “oficina técnica para a xestión de convenios de colaboración formalizados desde o Clúster de Turismo de Galicia”

Aberto prazo ata o 8 de xaneiro de 2018 Descarga as bases
21 de Decembro de 2017
logo_turismo

Adxudicación “Asistencia Técnica para a organización dunha mision comercial á Feira internacional ITB Berlin 2018” coa colaboración da Xunta de Galicia ? Axencia Turismo de Galicia.

Adxudicatario: Viaxes Sant Yago S.A. Importe adxudicación: 30.672,00 euros
19 de Decembro de 2017
logo_turismo

Adxudicación “Asistencia técnica para a organización dunha misión comercial á Feira internacional Fitur madrid 2018” coa colaboración da Xunta de Galicia -Axencia Turismo de Galicia.

Adxudicatario: Viaxes Halcón S.A. Importe adxudicación: 13.050,00 euros