Coincidindo con clausura do festival Celtic Connections que este ano ten a Galicia como territorio invitado, unha ducia de empresarios galegos desprazáronse a Reino Unido

Turismo e Cultura volveron a axuntar obxectivos e sinerxías e fixérono nesta ocasión en Glasgow, no marco do Celtic Connections, festival recoñecido internacionalmente por reunir a artistas de música folk e que este ano ten a Galicia como territorio convidado do Showcase Scotland 2019. Así, e da man da Consellería de Cultura e Turismo e baixo a marca Galician Tunes on Tour, unha delegación de doce empresarios galegos viaxaron até esta cidade británica parqa abrir contactos de internacionalización da oferta turística.

Trátase dunha acción piloto posta en marcha entre ambas as entidades que lles permitiu establecer un primeiro contacto e presentar algún dos produtos especificamente creados para este mercado, como o Celtic Spain Golf&Wellness, no que se conxunta o gozar do golf con aloxamentos con oferta termal nun paquete especialmente creado para o mercado británico, o sexto mercado estranxeiro con maior presencia en Galicia con 65.000 viaxeiros rexistrados o ano pasado.

Con esta iniciativa os empresarios galegos complementan o programa da Xunta de Galicia na que, a través de Agadic, presentáronse oito formacións artísticas galegas durante a celebración deste festival, un dos máis relevante da tempada de inverno a nivel mundial e o máis destacado no ámbito da música celta.

O workshop Experience Galicia celebrouse en Drygate Beer Hall e incluíu unha presentación do Destino Galicia para, a continuación, realizar rápidos encontros de traballo (speed dating) entre os representantes galegos e 15 entidades e turoperadores escoceses, especializados en turismo de luxo, cruceiros, Camiño de Santiago ou turismo activo, moitos dos cales buscan produtos diferentes para os seus clientes. A xornada concluíu coa celebración de Galicia Festa! organizada polo propio festival e o que, de novo, houbo actuacións musicais e gastronomía galega.

Inauguración do Miliario do Camiño

A participación da delegación galega no Celtic Connections conclúe hoxe sábado coa inauguración oficial da primeira Mouteira do Camiño, unha mouteira ou miliario co símbolo do Camiño de Santiago que marca a distancia até Compostela e que forma parte da promoción do próximo Xacobeo 2021, nun acto no que estarán presentes o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodriguez, a alcaldesa de Glasgow así como o director de Agadic, o director artístico do Celtic Connections, o presidente do Clúster Turismo de Galicia e a delegación de empresarios galegos, entre outras autoridades.

02 de Febreiro de 2019
workshop 5

Empresarios galegos abren vías de comercialización con Escocia no marco da Experience Galicia en Glasgow

Coincidindo con clausura do festival Celtic Connections que este ano ten a Galicia como territorio invitado, unha ducia de empresarios galegos desprazáronse a Reino Unido Turismo […]
29 de Xaneiro de 2019
firma sondeseu 1-min

O Clúster de Turismo de Galicia contará coa música de Sondeseu nas súas próximas actividades de promoción fóra de Galicia

Ambas as entidades asinaban un protocolo de colaboración que redundará na promoción conxunta da música e o turismo galego Co obxectivo de contribuír á difusión da […]
25 de Xaneiro de 2019
presentacion fitur 1

Consolidación e sustentabilidade marcan os retos de futuro para o Clúster Turismo de Galicia nos próximos anos

A entidade que aglutina ao 95% do sector turístico galego fixo balance dos seus 5 primeiros anos de traxectoria en Fitur O espazo de traballo da […]
23 de Xaneiro de 2019
Roman Rodriguez Fitur 2019

A Consellería de Cultura e Turismo avanza algúns dos seus novos produtos turísticos na primeira xornada de Fitur

Co obxectivo de ofrecer unha imaxe de destino que busca a especialización e innova na creación de novos produtos turísticos, a primeira xornada da 39ª edición […]