Co obxectivo de profundar nas novas estratexias de comercializción dos destintos turísticos, a segunda edición do Encontro Clúster Turismo de Galicia conta coa presenza da prestixiosa consultora, conferenciante e formadora Mady Keup, especializada en xestión de eventos de negocio e de mercadotecnia internacional. A súa experiencia de máis de 12 anos coa Autoridade Británica de Turismo (agora VisitBritain) en postos de dirección en Londres, Madrid, Lisboa e Berlín xunto co seu traballo como Xefe da Oficina da Convención de Londres (London & Partners agora) durante 5 anos e presidente da Asociación Británica de Conferencia destino (BACD) en 2002-2003 acredítana como unha das máximas figuras internacionais no que se refire a destinos turísticos, mercadotecnia e promoción internacional.

Toda esta traxectoria profesional serviulle para ofrecer os seus coñecementos nas tarefas de consultoría e formación nas que agora está máis envorcada, desde a SKEMA Business School, unha das escolas francesas máis importantes. A súa participación na Xornada 5 millóns de comercialización permitiranos coñecer a súa opinión respecto da comercialización do destino Galicia e recoller os seus consellos sobre branding e xestión de destinos, así como uso das novas tecnoloxías, entre outros aspectos.

02 de Marzo de 2016
madykeup

A xornada #Obxectivo5millóns contará cunha das consultoras internacionais de comercialización de destino máis destacadas, Mady Keup

Co obxectivo de profundar nas novas estratexias de comercializción dos destintos turísticos, a segunda edición do Encontro Clúster Turismo de Galicia conta coa presenza da prestixiosa consultora, […]
29 de Febreiro de 2016
raúl garcia

As estratexias de promoción trasversais centran un dos relatorios de xestión do destino no II Encontro Cluster Turismo Galicia

Raúl García, ex Director de Promoción Turística do Concello de Madrid e director de Micetraining.com será un dos relatores da xornada do 17 de marzo A […]
26 de Febreiro de 2016
portada díptico

O II Encontro Clúster Turismo de Galicia estará centrado na comercialización do destino Galicia

A xornada, cuxo prazo de inscrición xa está aberto, desenvolverase no Auditorio Mar de Vigo o 17 de marzo A comercialización do destino turístico é un […]
22 de Febreiro de 2016
viajes combinados

Turismo de Galicia e Axencias de Viaxe consensúan unha posición común para a trasposición da directiva europea sobre viaxes combinadas

Co obxectivo de coñecer a posición das axencias de viaxes galegas e adoptar unha posición común en relación á trasposición da directiva europea Directiva 90/314/CEE de […]