No marco dunha iniciativa promovida por Turismo de Porto e Norte de Portugal (TPNP) en colaboración coa Comunidade Intermunicipal do Tâmega e Sousa e o Clúster Turismo de Galicia para reforzar o grao de coñecemento da rexión entre os turoperadores galegos, durante o mes de febreiro están a realizarse dúas viaxes de familiarización que permitirán aos seus participantes coñecer en profundidade estes destinos vinculados ao turismo de de natureza, viños e gastronomía.

Pazos de Ferreira, Felgueiras, Celorico de Bastos, Amarante, Baião e Resende foron os municipios elixidos para o primeiro dos fam trip, que se desenvolveu entre o 5 e o 8 de febreiro mentres que o segundo das viaxes, que se celebrará entre o 19 e o 21 de febreiro, centrarase nas localidades de Lousada, Penafiel, Marco de Canaveses, Castelo de Paiva e Cinfães.

Yu Travel, Viaxes HalcónLugo e Galicia, Five Sensations, Sente Galicia, Tee Travel, Viento Celta, Galicia Holiday e Vio Viajes son os operadores que conxuntamente co Clúster Turismo de Galicia participan nesta inciativa que, a dicir do presidente de TPNP, Melchor Moreira, serve para “estreitar as relacións e dinámicas entre Galicia e Portugal”, “consolidando a marca e a percepción do territorio para o mercado galego, ademais de xerar sinerxías transfronteirizas entre ambos os territorios”. O obxectivo final é contribuír a xerar novos fluxos de turistas que contribúan á desestacionalización do turismo portugués, incrementar a estancia media e xerar maior retorno, retos deste sector no país veciño.

Esta iniciativa insérese no Memorandum de Comprensión asinada entre a Turismo do Porto e Norte de Portugal, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) e a Axencia de Turismo de Galicia.

09 de Febreiro de 2017
fam trip Norte Portugal febrero 2017

Turoperados galegos participan en viaxes de familiarización no Norte de Portugal

No marco dunha iniciativa promovida por Turismo de Porto e Norte de Portugal (TPNP) en colaboración coa Comunidade Intermunicipal do Tâmega e Sousa e o Clúster […]
31 de Xaneiro de 2017
Reunion Manuel Baltar en Ourense enero17

Encontro do Clúster coa Deputación ourensá

Representantes do Clúster Turismo de Galicia mantiveron un encontro co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar co obxectivo de avanzar nunha futura colaboración de face […]
27 de Xaneiro de 2017
viviendas

Satisfacción no Clúster Turismo de Galicia pola aprobación do Decreto de Regulación das Vivendas de Uso Turístico

A norma inclúe, ademais, modificacións na regulación dos apartamentos e vivendas turísticas O Clúster Turismo de Galicia como entidade que agrupa ao 95% do sector turístico […]
25 de Xaneiro de 2017
ITB Berlin

Aberto o prazo para participar na misión comercial á ITB Berlin

Pechada a primeira das grandes citas feiras do ano, o Clúster Turismo de Galicia áchase inmerso na preparación da misión comercial á Feira Internacional de Turismo […]