As instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, volverán acoller unha nova edición de Turexpo, que se celebrará entre o 7 e o 10 de xuño, unha feira sectorial na que o Clúster Turismo de Galicia estará presente cunha caseta propia.

Ademais, durante os dous primeiros días, dedicados en exclusiva aos profesionais, celebrarase a Bolsa Internacional de Contratación Turística, cuxa finalidade é permitir ás entidades participantes contactar cun importante número de operadores de turismo nacionais e internacionais a través de reunións agendadas. Para esta Bolsa o Clúster de Turismo de Galicia dispón de 12 invitacións para os seus asociados, que se asignarán por rigorosa orde de solicitude. A bolsa de contratación terá lugar o xoves 7, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas, e o venres 8, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Aqueles profesionais interesados deberán contactar con secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, antes das 13:00 horas do venres 18 de maio, e remitir cuberta unha ficha de información solicitada.

10 de Maio de 2018
Turexpo 2018

O Clúster Turismo de Galicia, estará presente nunha nova edición de Turexpo

As instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, volverán acoller unha nova edición de Turexpo, que se celebrará entre o 7 e o 10 […]
02 de Maio de 2018
turista aeropuerto

Unha ponte de maio con ocupacións similares a Semana Santa

A ponte de maio pechouse en Galicia cunha ocupación dispar que podemos situar entre o 60 e o 80% e no que o tempo finalmente non […]
02 de Maio de 2018
260418 reunion GDA

O grupo promotor de Galicia Destino Activo fixa as liñas de accións previstas para o 2018

A marca de referencia de Turismo Activo de Galicia buscará involucrar a todas as empresas turísticas do territorio galego nas súas accións para 2018. Co obxectivo […]
27 de Abril de 2018
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, manter‡ unha reuni—n co presidente do Clœster de Turismo de Galicia, Francisco Gonz‡lez.

Turismo de Galicia asina co Clúster un novo convenio de apoio ao asociacionismo do sector turístico galego

O Clúster Turismo de Galicia e a Axencia de Turismo de Galicia asinaron un convenio de impulso ao asociacionismo no sector turístico galego en virtude do […]