Concibida no marco do Plan Estratéxico de Turismo impulsado pola Deputación de Pontevedrac, a Mesa Provincial do Turismo nace co obxectivo de ser un punto de encontro das administracións públicas e persoais do sector para acordar accións que sirvan para pór en valor ao sector turístico da provincia. Neste sentido a presidenta da Deputación, Carmela Silva, lembraba o peso que xa ten este sector na provincia, que xa supón o 11% do PIB galego.
A mesa, que se reunirá polo menos dúas veces ao ano, quedou constituída así por un total de 20 persoas, entre alcaldes e alcaldesas de municipios catalogados de interese turístico, entidades supramunicipais, representantes do sector e organizacións de formación turísitica. Nestes encontros, tal e como informou Silva, estudaranse as necesidades do sector, a posta en marcha de produtos turísticos orientados a desestacionalizar a demanda ou, entre outras cuestións, as accións de promoción a pór en marcha.
A Mesa Provincial do Turismo estará integrada pola presidenta da Deputación e 3 representantes da institución provincial (o deputado delegado de Turismo, a xefa de servizo de Turismo e unha persoa de perfil técnico); 1 persoa en representación de Turismo de Galicia e outra da Secretaría de Turismo do Estado; 7 persoas pertencentes ao sector público da provincia e 1 de cada concellos que supere os 50.000 habitantes (Vigo e Pontevedra); tamén haberá dúas persoas en representación dos concellos de interese turístico da provincia e outra dos destinos adheridos ao SICTED. Das entidades supramunicipais haberá dúas persoas (1 dos grupos de acción local participativa do sector pesqueiro e outra de entidades con funcións de xestión e promoción turística como poden ser as mancomunidades); ademais de tres representantes do ámbito académico (Máster de Turismo da Universidade de Vigo, CIPF Manuel Antonio e CIPF Carlos Orozoa), outra do Aeroporto de Vigo e tres do sector turístico privado, Clúster de Turismo  de Galicia, Feprohos e da Ruta do Viño Rías Baixas.
Gala Turismo Rías Baixas
Durante a primeira reunión da recentemente constituída mesa, detalláronse os 57 indicadores de seguimento e 24 de resultado que permitirán avaliar todos os acordos que se vaian a pór en marcha de aquí ata o 2020, límite temporal do Plan Estratéxico de Turismo”. Ademais, Silva informou da campaña de promoción turística da provincia de Pontevedra que se vai a pór en marcha ao longo do 2018. “Profundaremos máis na campaña “Somos Historias” durante a Gala de Turismo Rías Baixas, onde daremos a coñecer cales son as liñas xerais de promoción este ano, a nova imaxe gráfica da campaña, as actuacións que imos desenvolver en Madrid (onde iremos no mes de marzo), Barcelona, Bilbao Lisboa, O Porto, e tamén noutros puntos da Unión Europea que están comunicados directamente coa nosa provincia. Durante a gala tamén se anunciarán as accións de promoción en feiras de turismo nacional e internacional e da situación na que se atopan as empresas que teñen distintivos SICTED.
Finalmente a mesa serviu tamén para facer referencia á posta en marcha da rede de oficinas de turismo da provincia que permitan ofrecer un servizo de calidade, homoxéneo, adaptado ao século XXI, cy que á Deputación permítanlle extraer estatísticas fiables sobre o perfil da persoa turista que visita este destino.

01 de Marzo de 2018
mesa de turismo de pontevedra

Creada a Mesa Provincial do Turismo como ferramenta estratéxica para o sector da provincia de Pontevedra

Concibida no marco do Plan Estratéxico de Turismo impulsado pola Deputación de Pontevedrac, a Mesa Provincial do Turismo nace co obxectivo de ser un punto de […]
09 de Febreiro de 2018
feria KLM

A oferta turística galega estará presente en 2018 en 38 feiras nacionais e internacionais

As citas internacionais case duplican ás nacionais, con caseta propia en sete delas A oferta turística galega estará presente a través da Axencia de Turismo de […]
08 de Febreiro de 2018
jornada orujo de galicia CSHG febrerio 2018

Celebradas tres xornadas profesionais para dar a coñecer entre estudantes e profesionais todo o potencial dos destilados galegos con contraetiqueta

Membros do sector turístico e da hostalaría, ademais de alumnos de centros de formación, participaron no tres xornadas impulsadas pola Xunta de Galicia baixo o título […]
31 de Xaneiro de 2018
Cartel Xornada Augardentes

Xornadas de sensibilización sobre os licores e augardentes para alumnos e profesionais do sector turístico

Baixo o título “Neste Entroido… que non chos disfracen”, a iniciativa ten como obxectivo sensibilizar ao sector sobre a importancia de consumir espirituosos amparados e etiquetaxes […]