Galicia mantén o segundo posto no número destas distincións, despois de Valencia, e o primeiro no de recoñecementos de carreiros azuis

Un total de 163 areais, portos, carreiros e aulas-centros de natureza galegos lucirán o distintivo de bandeira azul este verán, dous menos que o ano pasado, aínda que cifra suficiente para seguir ocupando a segunda posición no número total destas distincións, outorgadas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor. Séguenlle Cataluña, con 97 bandeiras e Andalucía, con 79.

Os concellos que ostentan o maior número de bandeiras azuis para os seus areais son na provincia da Coruña: Boiro, Arteixo, Oleiros e A Coruña; na lucense, Foz; e na provincia de Pontevedra, Sanxenxo, que é o concello de España que acumula o maior número de distintivos para os seus areais, seguido de Vigo, Cangas, Marín e Baiona

Os areais de Abrela (O Vicedo), Samil (Vigo), Loira (Marín) e Panadeira (Sanxenxo) volven obter este distintivo que non recibiran na pasada edición. A rexión galega acapara case un 20% das 566 bandeiras azuis outorgadas a praias españolas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor

Sendeiros azuis

Cabe destacar que Galicia ocupa o primeiro posto en canto aos distintivos de carreiros azuis xa que suma 29 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sustentable do litoral. Por primeira vez, o carreiro Praia de Abrela- Punta Socastro (Fuciño do Porco) e o tramo Ruta Monte e Praias da Rede de carreiros azuis de Marín lucirán este distintivo. En relación aos portos deportivos, Galicia obtén 12 galardóns, tres menos que o ano pasado, sendo a provincia de Pontevedra a primeira en encabezar a lista con seis portos, seguida pola Coruña con cinco e un na provincia de Lugo. Finalmente a listaxe complétase con 15 centros azuis. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sustentable, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul.

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a certeira xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas. Estas distincións son voluntarias e deben solicitarse á entidade que as promove.

07 de Maio de 2019
playa

107 bandeiras azuis para os areais galegos este verán

Galicia mantén o segundo posto no número destas distincións, despois de Valencia, e o primeiro no de recoñecementos de carreiros azuis Un total de 163 areais, […]
25 de Marzo de 2019
Entrega Q Calidad 2019

A entrega das 282 Q de Calidade sitúan a Galicia como o segundo territorio con maior número destas distincións e o primeiro da España Verde

O presidente da Xunta que presidiu o acto de entrega dos diplomas Q de Calidade Turística 2018 felicitou ao sector pola súa permanente expansión e renovación […]
13 de Marzo de 2019
finca goleta turismo rural

A Xunta implantará a clasificación por estrelas para as casas de turismo rural

O titular de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, compareción no Parlamento para dar conta das novidades do seu departamento de face á xestión do próximo Xacobeo2021. […]
12 de Marzo de 2019
constitucion-red-dti

Presenza galega no Comité Executivo da Rede Estatal de Destinos Turísticos Intelixentes

Trala súa recente constitución e posta en marcha, a Rede Estatatal de Destinos Turísticos Intelixentes conta xa cos seus órganos de dirección: a comisión plenaria e […]