A plataforma, que abarca oito municipios, arrinca con 48 empresas recoñecidas, moitas delas de Silleda

A Asociación de Desenvolvemento Rural Terra de Pontevedra Norte -GDR acaba de adherirse ao Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (Sicted), o sistema que promove a Secretaría de Estado de Turismo (SET), con apoio da Femp, co obxectivo de promover destinos turísticos de calidade. Deza-Tabeirós únese así a Ferrol e Guitiriz, Turismo Rías Baixas e Sanxenxo e Baiona como destinos de calidade turística co selo SICTED. A plataforma Deza-Tabeirós, que abarca os municipios de Silleda, Lalín, Rodeiro, Dozón, Vila de Cruces, Agolada, A Estrada e Forcarei, arrinca con 48 empresas recoñecidas dentro do selo. O presidente da Asociación e ao calde de Rodeiro, Luís López, presentou a adhesión como “unha ferramenta de vital importancia para o territorio” mentres que o técnico da asociación, Ramiro Rubial, destacou a aposta que supón pola calidade global do destino turístico para este territorio e a iniciativa individual dos empresasarios que apostaron polo selo de calidade. Actualmente o destino conta con 48 empresas adheridas, boa parte delas de Silleda, e que inclúen desde restauración, hoteis, bares, tendas de roupa ou calzado ata taxis. As primeiras en integrarse no Sicted datan do 2005 e concretamente son Casa Cacheiro de Lamela, en Silleda, Casa San Gines en Ferreirós, en Cruces, e Casa do Patrón en Codeseda, Lalín.
Actualmente o SICTED, cuxo acceso é gratuíto, previo cumprimento dos compromisos adquiridos, agrupa a 190 destinos e máis de 9000 empresas. Distincións que non son definitivas, se non que requiren renovación e mellora cada certo tempo. O presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Terra de Pontevedra Norte, Luís López, e o técnico Ramiro Ruibal, presentaron tamén -e comezaron a distribuílos aos concellos e asociacións integrados- os novos mapas deste destino turístico que conforman o seis concellos de Deza e A Estrada e Forcarei, de Tabeirós-Montes. Ao mesmo tempo activouse a web ponorte.com, que recolle a mesma información dos mapas e a secciona tamén en varias categorías, como espazos naturais, arquitectura relixiosa e civil, gastronomía, actividades e información, entre outros. Esta aproximación da oferta unificada á Rede queda aínda pendente de facela chegar con sistemas xa imprescindibles para móbiles como Apps.

26 de Xaneiro de 2018
Pontevedra Norte

Deza-Tabeirós, novo destino de calidade turística Sicted en Galicia

A plataforma, que abarca oito municipios, arrinca con 48 empresas recoñecidas, moitas delas de Silleda A Asociación de Desenvolvemento Rural Terra de Pontevedra Norte -GDR acaba […]
18 de Decembro de 2017
II Encuentro Cluster de Turismo de Galicia-014

Balance de catro anos de traballo en prol do fortalecemento do tecido turístico galego

O Clúster Turismo de Galicia cumpre en decembro catro anos desde a súa creación como voz do turismo en Galicia Constituído oficialmente en decembro de 2013, […]
11 de Novembro de 2017
Sicted presentación

Formación para os axentes SICTED en Vigo

Ademais do proceso de certificación e impulso da calidade nas empresas turísticas, o Sistema de Calidade Turística Española en Destinos , SCTE Destinos, impulsa formación co […]
09 de Novembro de 2017
dia mundial calidad

Expourense celebrou o Día Mundial da Calidade entregando o V Premios “Líderes en Calidade”

Baixo a lema “Liderar en tempos de cambio”, Ourense acolleu un acto de celebración do Día Mundial da Calidade 2017 no que tamén se fixo entrega […]