O Instituto Tecnolóxico Hostaleiro (ITH) organiza en Ourense o martes 21 de xuño unha xornada de Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética en hoteis. Dirixida aos directivos ou responsables de mantemento dos establecementos hostaleiros (hoteis e casas rurais, de montaña, balnearios, cámping, restaurantes, etc), con especial interese para aqueles que teñen fontes de enerxía restrinxidas, o ITH quere ofrecer unha formación para xestionar os custos enerxéticos de maneira eficiente e incrementar o confort dos seus clientes.

A xornada, que xa ten aberto o prazo de inscrición, está composta por diferentes seminarios e unha mesa de debate e contará coa participación dos principais axentes implicados na xestión energéitca, que achegarán a súa visión e os asistentes poderán atopar respostas sinxelas ás distintas necesidades acorde co perfil dos seus establecementos, en materia de climatización, produción de ACS ou outros usos térmicos (lavandarías, piscinas climatizadas, SPA, etc.).

O obxectivo destas xornadas é axudar aos hoteis a atopar as solucións máis adecuadas ao seu perfil de establecemento maximizando o aforro enerxético nas súas instalacións. Durante a xornada proporanse diferentes tecnoloxías e as claves para a súa adaptación, que poden supor importantes aforros de custos en operacións e mantemento. Por último, identificarase o papel das entidades bancarias, as súas propostas de financiamento e a súa adaptación, tanto ás tecnoloxías e servizos, como ás particularidades do sector turístico.

PROGRAMA
10:00 h. Benvida e inauguración
10:15 h. Claves para o aforro enerxético en establecementos turísticos
10:30 h. Oportunidades para a competitividade e sustentabilidade con solucións térmicas de alta eficiencia
11:00 h. Sistemas eficientes para a produción de calefacción e acs en establecementos turísticos
11:15 h. Climatización de alta eficiencia en hoteis con bombas de calor por ciclo de absorción
11:30 h. Coffe-Break
12:00 h. Innovación e eficiencia nos procesos de lavandaría no hotel
12:15 h. Financiamento dos investimentos en tecnoloxía eficiente en establecementos turísticos
12:30 h. Mesa de debate ?Xestión eficiente da climatización e a produción de acs
14:00 h. Lunch-Cóctel

14 de Xuño de 2016
Invitacion-Jornada-E-Orense-001-1

O ITH celebra unha xornada de eficiencia enerxética para hoteles en Ourense

O Instituto Tecnolóxico Hostaleiro (ITH) organiza en Ourense o martes 21 de xuño unha xornada de Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética en hoteis. Dirixida aos directivos ou […]
14 de Xuño de 2016
Global Exhibitions Day

Termatalia incorporou a Ourense na celebración do Gobal Wellness Day

O acto serviu tamén para que a Asociación de Balnearios de Galicia presentase na cidade o seu programa “Termalismo no Camiño” Co fin de conmemorar o […]
13 de Xuño de 2016
Global Exhibitions Day en Expourense

AGAFE destaca o peso específico das feiras en Galicia

A asociación uniuse este ano por vez primeira á celebración do Día Internacional das Feiras En 2015 Galicia celebrou 250 certames dedicados a diferentes ámbitos de […]
09 de Xuño de 2016
aceleraTIC

A transformación dixital para a PEME

As novas tecnoloxías e a transformación dixital tamén son necesarias na peme galega e son moitas as ferramentas ao alcance da pequena e mediana empresa que […]