Os profesionais pertencentes a 35 axencias de viaxes de Salamanca mantiveron encontros con outros tantos empresarios do sector turístico galego

O hotel IBB Recoletos Coco de Salamanca acolleu onte tarde a celebración do I Workshop de Destino Proximidade do Clúster Turismo de Galicia, unha iniciativa que contou coa participación de máis dun centenar de profesionais do sector turístico castelán e galego que mantiveron encontros B2B para achegar o Destino Galicia a Castela e León. Ademais dos profesionais, a iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e con representantes do concello de Salamanca, Deputación de Salamanca, Cámara de Comercio e Asociación de Empresarios de Hoselería da cidade, entre outros.

Ao longo da xornada, as 35 empresas galegas que se desprazaron ata Salamanca mantiveron encontros individuais con cada un dos máis de 70 profesionais do sector, pertencentes a 35 axencias de viaxes da cidade. Ademais, a presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, serviu tamén para expor o novo Plan Estratéxico do Turismo de Galicia no horizonte 2020 ao tempo en que aproveitou a súa participación para explicar as fortalezas de Galicia para un público potencial que se atopa tan próximo ao noso territorio facendo fincapé na diversidade da oferta turística galega concentrada nun pequeno espazo xeográfico. Neste sentido tamén se expresou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, que destacou que “se queres turismo termal, gastronomía, paisaxes ou praias, queres Galicia”, a lema co que se presentou esta xornada de traballo.

Salamanca foi a primeira parada elixida para este formato de promoción do Destino Galicia no mercado nacional, co obxectivo de achegar a oferta turística galega a destinos nacionais que reúnen as condicións perfectas para ser emisores de turismo nacional cara ao territorio galego. A xornada concluíu cunha cea e animación musical e entrega dunha serie de premios de incentivo ás axencias participantes consistentes en aloxamentos en Galicia.

08 de Xuño de 2017
wokshop sal

Máis de cento de profesionais do sector participan no I Workshop de proximidade do Clúster Turismo de Galicia

Os profesionais pertencentes a 35 axencias de viaxes de Salamanca mantiveron encontros con outros tantos empresarios do sector turístico galego O hotel IBB Recoletos Coco de […]
25 de Maio de 2017
Invitación Gira Hotelaria Galicia 31 de mayo

O CSHG acolle a cuarta xornada da Xira Hoteleria para falar sobre distribución hoteleira

Compostela acollerá o próximo 31 de maio o cuarto foro da Xira Hoteleria, unha iniciativa dirixida ao sector hoteleiro onde importantes empresas do sector danse cita […]
20 de Maio de 2017
workshop1

Workshop da oferta turística galega en Salamanca

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística galega en destinos de proximidade, o Clúster Turismo de Galicia está a organizar unha primeira xornada de […]
02 de Maio de 2017
mesa redonda mañana III Encuentro Clúster Turismo Galicia

O turismo multiproducto e experiencial, clave para o desenvolvemento de futuro do modelo turístico galego

Os Encontros Clúster Turismo de Galicia desenvolvéronse ao longo de toda a xornada ao redor de dous relatorios e tres mesas redondas, concibidas co obxectivo de […]