Impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o prazo de inscrición xa está aberto

Dirixido a empresas turísticas, provedores dixitais e profesionais do sector interesados en coñecer os cambios que se están producindo no sector turístico a nivel global, o Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra organiza para o próximo 19 de outubro en Sanxenxo unha xornada de networking e encontro profesional baixo o título “Innovación e transformación dixital do turismo”.

Durante este encontro organizado en horario de mañá abordarase o proceso de transformación dixital, os cambios de comportamento do viaxeiro e as novas formas de relación entre o turista e o establecemento turístico, cambios que supoñen un reto para o sector pero tamén novas oportunidades de negocio. A través das experiencias de relatoras como R Cable ou da propia Deputación de Pontevedra e do debate, a través de dúas mesas redondas ao redor da tecnoloxía e as novas tendencias no turismo abordarase o papel da tecnoloxía como instrumento para conseguir empresas máis innovadoras e rendibles e buscarase fomentar o networking e o intercambio de coñecementos entre os asistentes á xornada.

A inscrición para esta xornada é gratuíta pero é necesario reservar praza xa que o aforamento é limitado. Pode consultar toda a información, o programa e realizar a inscrición a través da páxina habilitada para ese efecto.

Descarga o díptico da xornada

10 de Outubro de 2017
Networking_empresarial_sanxenxo

Sanxenxo acolle a xornada profesional “Turismo e novas tecnoloxías: Innovación e transformación dixital do turismo”

Impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o prazo de inscrición xa está aberto Dirixido a empresas turísticas, provedores dixitais e […]
03 de Outubro de 2017
españa reloaded

Galicia acolle o encontro profesional Spain Reloaded que reúne a máis de 160 turoperadores de 15 países

Impulsado por Turespaña e Turismo de Galicia, o evento permitirá xerar encontros B2B con 55 empresas turísticas galegas á vez que converte ao noso territorio en […]
12 de Xullo de 2017
Jornadas Internacionales Turismo Agueda

Participación do Clúster nas Xornadas de Turismo Internacional de Águeda

O turismo sustentable, o enoturismo e as experiencias internacionais doutros países como camiño cara á internacionalización da oferta turística portuguesa foron os temas centrais ao redor […]
10 de Xullo de 2017
turismo de maleta

O Consello da Cultura Galega acolleu un encontro para abordar a necesidade de equilibrio entre o turismo e a conservación da paisaxe e do patrimonio

O turismo como factor de cambio nas cidades, o papel que queremos darlle aos centros históricos neste fenómeno crecente de presión turística, exemplos do uso da […]