Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística da nosa comunidade, o Clúster de Turismo de Galicia está a organizar dúas xornadas presentación que terán lugar en Oviedo, no hotel Ayre Oviedo, o día 30 de maio, e en Valladolid, o día 31 de maio, no NH Valladolid.

Nestas accións de promoción da oferta turística galega en destinos de proximidade participarán un máximo de 60 empresas galegas que terán a oportunidade de participar en senllos workshops con axencias e turoperadores de Asturias e Castela e León. O prazo máximo para realizar a inscrición será o día 30 de abril ás 14:00 horas.
A xornada contará, ademais, cunha cea espectáculo na que estará presente tanto a gastronomía como a música galega, e cuns sorteos e premios para aqueles profesionais que realizasen un maior número de contactos.O Clúster de Turismo de Galicia pon a disposición de todos os asistentes galegos un autobús para o desprazamento, con saída e chegada no Estadio de San Lázaro, en Santiago de Compostela (horarios de saída: ida o 30 de maio ás 09:00 horas, regreso o 1 de xuño ás 10:00 horas).

O Clúster asumirá os gastos de transporte, organización e cea espectáculo, mentres que cada asistente custeará o seu aloxamento e xantares. Neste sentido, a empresa adxudicataria pon a disposición dos asistentes un paquete que inclúe dúas noites de aloxamento nos hoteis onde se organizan os eventos, dous xantares e o seguro por un importe de 225 €/persoa.

No workshop estará presente unha persoa por empresa (en caso de querer asistir dous, é preciso solicitalo) e as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, polo que rogamos confírmennos a súa asistencia ao correo electrónico secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, indicándonos o seu nome, apelidos, empresa/entidade á que pertence e datos de contacto.

16 de Abril de 2018
workshop salamanca

Volven os workshops de proximidade do Clúster Turismo de Galicia

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística da nosa comunidade, o Clúster de Turismo de Galicia está a organizar dúas xornadas presentación que terán […]
13 de Febreiro de 2018
xornada turismo activo costa sostible

O Galp Costa Sustentable celebra unha xornada sobre turismo activo e experiencial como fonte de diversificación económica

O evento estivo orientado ao sector profesional relacionado co turismo, o deporte a hostalaría e o mar instalado no territorio de acción do GALP Costa Sustentable […]
08 de Febreiro de 2018
jornada orujo de galicia CSHG febrerio 2018

Celebradas tres xornadas profesionais para dar a coñecer entre estudantes e profesionais todo o potencial dos destilados galegos con contraetiqueta

Membros do sector turístico e da hostalaría, ademais de alumnos de centros de formación, participaron no tres xornadas impulsadas pola Xunta de Galicia baixo o título […]
31 de Xaneiro de 2018
Cartel Xornada Augardentes

Xornadas de sensibilización sobre os licores e augardentes para alumnos e profesionais do sector turístico

Baixo o título “Neste Entroido… que non chos disfracen”, a iniciativa ten como obxectivo sensibilizar ao sector sobre a importancia de consumir espirituosos amparados e etiquetaxes […]