Co obxectivo de captar futuros estudantes para o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, o centro e Turismo de Galicia puxeron en marcha Desafío Hotel Management, un concurso didáctico de xestión hostaleira dirixida a estudantes de primeiro e segundo de bacharelato con vocación no sector hostaleiro e restaurador.
Esta iniciativa, que permitirá que os mozo se convertan en donos dun hotel virtual, do que terán que encargarse da súa xestión, permitiralles demostrar “o seu talento e os seus dotes de traballo en equipo e vocación emprendedora”, segundo explicaron desde Turismo de Galicia. O prazo para que os alumnos poidan inscribirse está aberto até o próximo 8 de abril. O premio para o equipo gañador será un fin de semana no Hotel Hesperia da Coruña cunha visita ás instalacións a cargo do director do establecemento hoteleiro onde poderán afondar no funcionamento do mesmo. O prazo de inscrición comeza hoxe e finalizará o vindeiro venres 8 de abril.

Dinámica do concurso
Os estudantes participantes deberán formar grupos de tres ou catro participantes que se converterán no comité de dirección dun hotel. O xogo contará con dúas fases, a fase clasificatoria, que se realizará integramente a través da rede, introducindo as decisións na plataforma en liña do xogo, e a gran final na que participarán os equipos finalistas e que se realizará de maneira presencial nas instalacións do CSHG. Nesta fase clasificatoria terán que simular tres anos de vida dun hotel, unha por cada exercicio económico do hotel, e as súas decisións condicionarán os resultados económicos e a calidade de servizo do hotel.
Todos os equipos iniciarán o xogo cun hotel que se atopa na mesma situación inicial, e ao longo da competición deberán tomar decisións sobre as principais áreas de xestión do hotel, de modo que xogando e decidindo irán coñecendo como funciona e xestiónase un hotel e, sobre todo, irán aprendendo dos resultados que obteñan a partir das súas propias decisións.
Na fase final, que se realizará, o 14 de maio, nunha xornada de portas abertas nas instalacións deste Centro, cada equipo disporá dunha sala coma se dun consello de dirección tratásese, e enfrontaranse a unha simulación similar á da fase clasificatoria, pero cun nivel maior de dificultade.

Nova imaxe
Esta iniciativa nace co obxectivo de engadir á habitual campaña de captación de alumnos do CSHG unha nova maneira de darse a coñecer entre os futuros alumnos, dunha maneira máis práctica e didáctica. Outra das novidades do Centro para este ano 2016 é a renovación da súa imaxe corporativa que ademais de incluír un novo logo e un novo espazo web levará consigo o deseño de novos uniformes de prácticas para os alumnos.

29 de Febreiro de 2016
CSHG logo

Nova dinámica de captación de estudantes para o CSHG, que estrea imaxe e web

Co obxectivo de captar futuros estudantes para o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, o centro e Turismo de Galicia puxeron en marcha Desafío Hotel Management, […]
24 de Febreiro de 2016
rprutarrbb1

En marcha a programación especial da Ruta do Viño Rías Baixas no seu 20 aniversario

Con motivo da celebración do 20 aniversario da constitución da Ruta do Viño Rías Baixas, a asociación sen ánimo de lucro puxo en marcha un programa […]
24 de Febreiro de 2016
Mesa proveedores

Activa participación de OPC Galicia en congreso nacional de entidades organizadoras profesionais de congresos (OPC)

OPC Galicia estivo presente na celebración do Congreso Nacional de OPC España, que se celebrou en Burgos entre o 18 e o 20 de febreiro. A […]
22 de Febreiro de 2016
lo que de verdad importa

Palexco acollerá unha nova edición do Congreso Lo que de verdad importa

A Coruña e, en concreto o seu Palacio de Congresos Palexco, volve ser a sede elixida para celebrar unha nova edición do Congreso Lo que de […]