Da man de Turismo de Galicia e por segundo ano consecutivo a Asociación Galicia Destino Golf levará a oferta galega especializada deste tipo de turismo deportivo ao certame Madrid Golf Experience, o encontro anual no que se darán cita a industria e os afeccionados a este deporte que terá lugar do 8 ao 10 de abril no Centro de Tecnificación da Federación de Madrid.

Turismo de Galicia contará cun recinto de 20 metros cadrados no que se informará das posibilidades da oferta galega ao público asistente, ademais de manter diferentes encontros de traballo con turoperadores especializados en turismo de golf que visitan esta feira cos que se tentará establecer relacións comerciais para mellorar a comercializiación do turismo de golf en Galicia. Ademais, no marco da celebración do evento desenvolverase tamén o torneo Senior por Parellas de Turgalicia. Así, Turismo de Galicia e Galicia Destino Golf colaborarán unha vez máis na difusión dos recursos e produtos vinculados ao turismo deportivo nos que non faltará a oferta turística xeral e o Camiño de Santiago.

05 de Abril de 2016
Madrid golf Experience 2016

Galicia Destino Golf estará de novo presente no certame Madrid Golf Experience

Da man de Turismo de Galicia e por segundo ano consecutivo a Asociación Galicia Destino Golf levará a oferta galega especializada deste tipo de turismo deportivo […]
31 de Marzo de 2016
Póster EcomGastro

Nova cita con #EcomGastro, coa gastronomía e a comunicación 2.0 na Coruña

O Hotel Finisterre da Coruña acolle o 28 e 29 de abril a 5ª edición de @EcomEvents, un Congreso de Gastronomía e Comunicación 2.0 que nesta […]
22 de Marzo de 2016
Bo en Boca

Xornadas gastronómicas de fusión na Coruña “Bo en Boca”

Continuando coa aposta da Coruña como destino de turismo gastronómico, a cidade puxo en marcha unha nova iniciativa que se desenvolve desde o 17 de marzo […]
15 de Marzo de 2016
Gala Premios APEHL

A Ulloa acolle a cea anual dos hostaleiros lucenses

O director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, recibiu a Medalla de ouro da APEHL A comarca da Ulloa e en concreto o […]