Oia acolleu a Gran Gala de Hostalaría de Pontevedra, na que estivo presentes, entre outras autoridades, a directora de Turismo de Galicia e o presidente do Clúster, Francisco González

O Hotel Talaso Atlántico de Oia acolleu a entrega dos galardóns que a Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra e la Asociación de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra realizan de forma anual en reconoimiento a empresas e empresarios do sector de hostalaría da provincia que destacan de maneira especial pola súa traxectoria empresarial dentro do sector. Ao redor de 200 persoas déronse cita nun acto presentado por Carmen Albo e amenizado por Alberto Cuña na que se fixeron entrega dos premios provinciais de hostalaría a destacados empresarios e membros do sector.

No acto estiveron presentes, entre outras autoridades, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves así como o presidente do Clúster, Francisco González. Durante o acto, a responsable de Turismo da Xunta, Nava afirmou que eventos como esta gala demostran o interese dos empresarios galegos por mellorar e continuar impulsando un sector que é primordial para a nosa comunidade.

Neste sentido, destacou a importancia do sector turístico para a nosa comunidade afirmando que o turismo constitúe un dos sectores máis activos e con maior capacidade de desenvolvemento da nosa comunidade ao representar máis do 11% do PIB e o 12% do emprego. “Estes datos demostran que é un sector cheo de oportunidades e no que a calidade e a busca constante da excelencia é fundamental”, sinalou. Nava Castro explicou que, dada a importancia e peso deste sector, desde Turismo de Galicia se aposta por un tecido empresarial formado por empresas e profesionais competitivos e para iso impúlsanse iniciativas a favor da calidade, da formación e do asesoramento.

Aposta pola colaboración público-privada
Nava Castro destacou a firme aposta de Turismo de Galicia pola colaboración público-privada facendo referencia aos convenios de colaboración asinados co Clúster de Turismo de Galicia para o impulso do asociacionismo no sector turístico da comunidade, a implementación das liñas de actuación do Plan Integral de Turismo de Galicia, a implantación, difusión e promoción da marca Q de Calidade Turística e a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta anunciou que nos próximos meses vaise a aprobar a concesión de subvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo.

Podes consultar os gañadores dos premios aquí

18 de Febreiro de 2016
Premios Gala Feprohos 2016

O sector turístico galego representa xa o 11% do PIB galego e o 12% do emprego na comunidade

Oia acolleu a Gran Gala de Hostalaría de Pontevedra, na que estivo presentes, entre outras autoridades, a directora de Turismo de Galicia e o presidente do […]
09 de Febreiro de 2016
gran-gala-de-hosteleria

Los Premios de Feprohos ya tienen ganadores

Ya conocemos el nombre de los ganadores de los premios provinciales de hostelería de Pontevedra, que se entregan el próximo 15 de febrero en el Hotel […]
03 de Febreiro de 2016
web-asnauga

Asnauga estrena nuevo espacio web

Asnauga, que representa a la mayor red de clubes náuticos y puertos deportivos de Galicia, acaba de estrenar nueva web, más fácil y cercana, en la […]
29 de Xaneiro de 2016
aabalneariostermalies1

Participación de Balnearios de Galicia en la feria Thermalies de París

La Asociación de Balnearios de Galicia participó en Les Thermalies, la feria internacional decana del termalismo mundial que cada año se celebra en la capital francesa. […]