Continuando coa aposta da Coruña como destino de turismo gastronómico, a cidade puxo en marcha unha nova iniciativa que se desenvolve desde o 17 de marzo ao 3 de abril, as Xornadas Bo en Boca, nas que nove hoteis da cidade da Coruña ofrecen esta semana Santa unha innovadora proposta gastronómica que fusiona as cociñas do tres culturas máis influentes da historia do país: árabe, xudía e cristiá.

Organizadas pola Asociación de Hospedaxe da Coruña, Hospeco, coa colaboración de Turismo de Coruña, Bo en boca ” é unha proba máis da innovación culinaria da Coruña” e do ambiente lúdico e festivo que predomina na oferta turística da cidade e están abertas a calquera persoa que se atopen na cidade nestas datas, iniciativas que permitiron incrmentar ano a ano en número de reservas nestas datas na cidade que Alberto Lema, presidente do Consorcio de Turismo e concelleiro de Emprego e Economía Social, definiu como un “destino turístico diferenciado, de calidade, destino do norte, destino atlántico”.

Carrís Marineda, AC, Attica 21, Zenit (Restaurante A Marola), Ibis Style (Restaurante A Fragata), Riazor, Finisterre, Meliá María Pita e Hesperia (Restaurante Gastroteca) son os hoteis que participan nesta iniciativa que, segundo explicou o presidente de Hospeco, Rafael Benito, “cada hotel ha desarrrollado a proposta en base ao seu modelo de negocio” con menús pechados, pratos que se incorpora ás cartas, buffets con bocados tan distintos como os boquerones en Salsa de Babaganoush, da Gastroteca; O Sabich, Falafel e Humus, do Attica 21; a Tabulé e Che Moruno con Maskina, da AC; a Tenreira Lacada con Manteiga de Cacahuete e Nivel Ao Janut, do Hesperia Finisterre, ou o Kefta de Tenreira con Couscous de Hortalizas, do Hotel Riazor.

22 de Marzo de 2016
Bo en Boca

Xornadas gastronómicas de fusión na Coruña “Bo en Boca”

Continuando coa aposta da Coruña como destino de turismo gastronómico, a cidade puxo en marcha unha nova iniciativa que se desenvolve desde o 17 de marzo […]
15 de Marzo de 2016
Gala Premios APEHL

A Ulloa acolle a cea anual dos hostaleiros lucenses

O director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, recibiu a Medalla de ouro da APEHL A comarca da Ulloa e en concreto o […]
07 de Marzo de 2016
workshop cshg

O Centro Superior de Hostalería de Galicia reúne ás principais cadeas hoteleiras no seu workshop anual

Promovido polo Club de Antigos Alumnos do CSHG, a xornada ofrece aos alumnos oportunidad de entrar en contacto con empresas punteiras no sector Por noveno ano […]
29 de Febreiro de 2016
CSHG logo

Nova dinámica de captación de estudantes para o CSHG, que estrea imaxe e web

Co obxectivo de captar futuros estudantes para o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, o centro e Turismo de Galicia puxeron en marcha Desafío Hotel Management, […]