O certame reuniu 600 viños e destilados de todas as denominacións de orixe de Galicia

Un panel de cata composto por membros da Asociación de Sumilleres de Gallaecia e técnicos dos consellos reguladores das denominacións de orixe galegas foron os encargados de determinar os 120 viños que finalmente obtiveron o premio Gallaecia, outorgado por esta asociación de profesionais do total de 600 viños que se presentaron ao concurso. Nesta edición, a Cata Final celebrouse por vez primeira na Costa da Morte, en concreto no Edificio Bitácora de Ézaro. Recoñecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente como concurso oficial, o certame impulsado por esta asociación integrada por máis dun centenar de sumillers do catro provincias galegas leva en funcionamento desde hai 18 anos, o que lle permitiu consolidarse no calendario de concursos de viños.

Viños distinguidos

15 de Setembro de 2016
Fotos Que Pasa na Costa

120 distinguidos Gallaecia no concurso de viños con máis participación de Galicia

O certame reuniu 600 viños e destilados de todas as denominacións de orixe de Galicia Un panel de cata composto por membros da Asociación de Sumilleres de Gallaecia […]
13 de Setembro de 2016
concurso tapas lugo cartel

44 establecementos lucenses compiten na nova edición do Concurso de Tapas de Lugo

Organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio do Concello de Lugo, o Concurso de Tapas de Lugo chega […]
08 de Setembro de 2016
DeTapasxGalicia

Cal será a mellor tapa de Galicia en 2016?

A nova edición de De Tapas por Galicia desenvolverase entre o 9 de setembro e o 27 de novembro en sete cidades galegas Un autobús promocional […]
06 de Setembro de 2016
outono gastronomico

Volve o Outono Gastronómico a 92 casas de turismo rural de Galicia

Do 16 de setembro ao 18 de decembro, esta promoción que chega á súa décima edición, volverá promocionar a oferta turística rural a través de menús, […]