A Coruña acollerá o próximo mes de xuño un dos Iberian MICE Forums que se celebrarán este 2019 en España e no que se darán cita compradores dos principais mercados nacionais especializados no turismo de congresos e reunións. A cita será os días 25 e 27 de xuño nun encontro do sector o que se reunirán con provedores do sector chegados de toda a Península. O programa destes encontros combina sesións de traballo cunha axendas de citas one- to- one nun ambiente creado para propicionar o networking no que tamén haberá oportunidade de coñecer o destino no que non falta un intenso programa social para favorecer a conexión persoal entre compradores e provedores, ademais de dar a coñecer os mellores recursos para eventos do destino anfitrión.
Esta será a segunda ocasión na que A Coruña acolle un destes encontros profesionais orientados ao sector MICE nos que a cidade herculina busca seguir posicionándose como sede ideal de eventos e congresos. Desde 2011 a organización leva realizados un total de 20 edicións destes encontros en diferentes destinos de España e Portugal. En cada encontro dos IBerian MIce Forum danse cita M&E planners do mercado español e portugués para reunirse e establecer relacións comerciais de confianza con provedores e destinos MICE españois e portugueses, tanto axencias de eventos como event managers corporativos cun maior peso dos compradores procedentes de España. Madrid, Barcelona, Costa do Sol, Tenerife, Lisboa, Porto ou San Sebastián son algúns dos puntos nos que se realizaron estes encontros que chegan agora a Galicia.
18 de Febreiro de 2019
iberian mice forum

Os Mice Iberian Forum volven a Coruña o próximo mes de xuño

A Coruña acollerá o próximo mes de xuño un dos Iberian MICE Forums que se celebrarán este 2019 en España e no que se darán cita […]
06 de Febreiro de 2019
Inauguración Xantar 2019

Máis de 200 experiencias enogastronómicas para celebrar o 20º aniversario de Xantar

Unha ducia de países representados, con Brasil como país invitado, 15 restaurantes e máis de 200 experiencia gastronómicas. Son só algunhas das cifras do vixésimo aniversario […]
26 de Xaneiro de 2019
secretario OMT Termatalia Fitur 2019

Lanzamento da próxima edición de Termatalia

Tras a celebración da súa cuarta edición en América Latina, Termatalia Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, regresa en 2019 a Ourense (Galicia-España) convertida […]
24 de Xaneiro de 2019
xantar. Presentación Fitur 2019

Xantar presenta a súa edición máis internacional para celebrar o seu 20º aniversario

A única feira gastronómica galega contará cun centenar de experiencias e a presenza dunha ducia de paises con Brasil como convidado, representado pola Prefeitura de Foz […]