Madrid acolleu a entrega dos premios ACEVIN nos que a ruta obtivo tres premios

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) acolleu esta semana unha mesa redonda sobre accesibilidade organizada por PREDIF Galicia, na que participaron unha vintena de persoas e que contou coa experiencia da Ruta do Viño Rías Baixas. O técnico da Ruta, Laura Expósito, explicou nunha presentación como se desenvolveron todos os preparativos para o taller de memoria sensorial para usuarios de ONCE Galicia que se desenvolveu este ano e que lles fixo acredores dun dos premios anuais que concede ACEVIN.

Así mesmo, o técnico recolleu o desenvolvemento da actividade e as impresións dos seus participantes, ademais de mencionar a actividade desenvolvida durante este mes, con motivo do Día Europeo do Enoturismo, enfocada aos usuarios da Fundación Down Compostela. “Para o futuro, marcámonos o obxectivo de ofrecer cada ano polo menos unha actividade accesible. Na medida do posible iremos enfocando as iniciativas a distinto tipo de colectivos”, adiantou Expósito ao peche da súa exposición.

A Ruta do Viño Rías Baixas estará tamén presente a próxima semana nun novo taller sobre turismo accesible que se desenvolverá no CSHG durante dúas xornadas, unha teórica e outra práctica.

Entrega dos premios ACEVIN
Tanto a propia Ruta como dúas dos seus asociados tamén se desprazaron esta semana a recoller os seus Premios do Enoturismo Rutas do Viño de España a Madrid. No caso da Ruta, o seu presidente Juan Gil de Araújo recibiu o Mérito á Accesibilidade polo desenvolvemento o pasado ano dun taller de memoria sensorial ofrecido a unha vintena de asociado de ONCE Galicia. Un premio que “reforza a nosa convicción de seguir traballando por un enoturismo inclusivo. Estas experiencias poden e deben ser gozadas por todas as persoas”, asegurou. Entre os máis de trinta premios entregados durante esta gala tamén se incluíron os de Mellor Recuncho Enoturístico, que recaeu na adega Pazo Baión, e a Mención Especial ao Mellor Aloxamento Enoturístico que recibiu o hotel Quinta de San Amaro. Ambos son establecementos asociados á Ruta do Viño Rías Baixas.

24 de Novembro de 2016
FotoPremiadosACEVIN

Mesa redonda sobre accesibilidade no CSHG coa participación da Ruta do Viño Rías Baixas

Madrid acolleu a entrega dos premios ACEVIN nos que a ruta obtivo tres premios O Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) acolleu esta semana unha […]
21 de Novembro de 2016
foro proturga

Do turismo accesible ao sensitivo, tema central do IV Foro Proturga

O Auditorio da Cidade Infantil de Pontevedra acollerá os próximos 1 e 2 de decembro a cuarta edición do Foro Proturga, organizado pola Asociación de Profesionais […]
17 de Novembro de 2016
presentación Galicia MICE

O sector galego de congresos pon en marcha de forma conxunta dúas ferramentas para potenciar Galicia como destino do turismo de reunións

Madrid acolleu a presentación do proxecto Galicia MICE, unha iniciativa xurdida do sector MICE galego no seu conxunto e apoiada polo Clúster Turismo de Galicia e […]
17 de Novembro de 2016
seminario gallardo

Fernando Gallardo reflexiona sobre o #Hotel2020 no seu seminario en Compostela

Impulsada pola Asociación Hostalaría de Compostela, en colaboración con WayandGo, Blue Café, Correos and Trivago, coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura, Compostela acolleu un novo […]