O presidente, Juan Gil de Araujo, e o alcalde do Concello de Barro, Xosé Manuel Fernández, formalizaron hoxe o convenio de adhesión polo que o municipio pontevedrés pasa a formar parte deste itinerario enoturístico. Gil de Araujo mostrouse moi satisfeito por “sumar un novo asociado á Ruta do Viño Rías Baixas. Isto quere dicir que hai interese no traballo que estamos a desenvolver para promocionar a nosa ampla oferta enogastronómica”.

Pola súa banda, Xosé Manuel Fernández indicou que este convenio axudará a “pór en valor o territorio vitivinícola do Concello de Barro e abrir as portas a que as adegas e establecementos poidan desenvolver o seu labor en prol do enoturismo”. O rexedor aproveitou a oportunidade para convidar á Ruta do Viño Rías Baixas a unha das súas celebracións máis destacadas, a Festa do Viño de Barro, que se desenvolverá o próximo mes.

Grazas a este acordo, tamén se poderán unir a esta asociación sen ánimo de lucro diversos establecementos localizados no municipio de Barro. “Por tanto, o seguinte paso será reunirnos con adegas e empresas hostaleiras e hoteleiras para presentarlles o noso proxecto enoturístico e tramitar a súa posible adhesión”, indicou Juan Gil de Araujo. Cabe lembrar que aquelas empresas interesadas en adherirse á Ruta do Viño Rías Baixas deberán superar previamente unha auditoría coa que se busca garantir que as instalacións e servizos ofertados cumpren cos requisitos mínimos de calidade e atención aos visitantes especificados no manual de produto de Rutas do Viño de España.

26 de Maio de 2017
ConvenioBarro01

A Ruta do Viño Rías Baixas incrementa a súa lista de socios co Concello de Barro

O presidente, Juan Gil de Araujo, e o alcalde do Concello de Barro, Xosé Manuel Fernández, formalizaron hoxe o convenio de adhesión polo que o municipio […]
25 de Maio de 2017
Invitación Gira Hotelaria Galicia 31 de mayo

O CSHG acolle a cuarta xornada da Xira Hoteleria para falar sobre distribución hoteleira

Compostela acollerá o próximo 31 de maio o cuarto foro da Xira Hoteleria, unha iniciativa dirixida ao sector hoteleiro onde importantes empresas do sector danse cita […]
18 de Maio de 2017
IMEX 17

Misión comercial galega en IMEX de Frankfurt, a feira do sector MICE máis importante do mundo

Os representantes do sector feiral, de congresos e incentivos mantiveron encontros profesionais nesta cita do 16 ao 18 de maio Unha edición máis, o sector galego […]
15 de Maio de 2017
Gastroforum Cartel

Sustentabilidade e saúde, eixos do II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia acollerá os próximos 22 e 23 de maio o II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia #GastroForumCSHG, centrado nesta […]