A Asemblea Xeral Extraordinaria da asociación Hostalaría Compostela celebrada este luns aprobou a nova directiva, que non foi necesrario votar ao presentarse unha única candidatura, encabezada pola ata agora presidenta da entidade, Sara Santos. A Vicepresidencia recae nun representante de restauración, Rita Sobrado, do Blu Café mentres que o resto da directiva queda constituído por dez vocais, cinco de hostalaría e cinco de restauración. Os vogais de Restauración son: David Dopazo (A Rosaleda), Germán González (O Celme do Caracol), Sergio Fernández (Século IX), Lois López (A Nave de Vidán), Paula Paz (ACDC Restaurante). Os vogais de Hospedaxe son: Óscar García (Garcas), Félix Álvarez (Los Abetos), Angélica Branco (Congreso), Adrián Comesaña (Pazo de Altamira) e Carlos Tardáguila (San Lorenzo). De acordo cos novos estatutos, a directiva pasa de 24 a 12 membros, de dous a un presidente, e unha vicepresidencia, que serán ocupadas alternativamente por membros de Hospedaxe e Restauración. Desta maneira, Sara Santos ocupará a presidencia durante dous anos, tras os cales cederá o cargo á vicepresidena, Rita Sobrado.

A nova directiva aposta por un turismo de calidade para Compostela, traballando por superar os problemas que aburaron á entidade en épocas pasadas, e volvendo recuperar o seu prestixio e representatividade para o que mantedrán a súa aposta por actividades como Santiago(é)Tapas ou Santiago Paixón Doce, e porán en marcha novas iniciativas “que favorezan non só aos seus socios e socias, senón a todo o sector e, por conseguinte, a toda a cidade”, precisan.

27 de Setembro de 2017
nueva directiva hosteleria compostela

Hostalaría Compostela estrea directiva e nova etapa

A Asemblea Xeral Extraordinaria da asociación Hostalaría Compostela celebrada este luns aprobou a nova directiva, que non foi necesrario votar ao presentarse unha única candidatura, encabezada […]
26 de Setembro de 2017
clausura termatalia 2017

Foz do Iguaçu recolle a testemuña para a organización de Termatalia Brasil 2018

Termatalia 2017 botou o peche en Expourense pero xa comezou a organizar a próxima edición que terá lugar en Foz do Iguaçu en Brasil entre o […]
21 de Setembro de 2017
formacion nuevas tecnologías

Unha trintena de profesionais turísticos de Vigo e Pontevedra amplían a súa formación en inglés e novas tecnoloxías

A través dos programas de formación impulsados polo Clúster Turismo de Galicia que se imparten estes días en ambas as cidades Os cursos, de carácter gratuíto, […]
18 de Setembro de 2017
termatalia fam trip

Axencias de viaxes de España e Portugal coñecerán en Termatalia a oferta termal de Galicia

A través dunha viaxe de familiarización búscase potenciar a comercialización do produto turismo de saúde asociándoo a outros atractivos como a enogastronomía A acción conta coa […]