No marco da Feira IMEX participaron representantes do sector MICE galego como Palexco, ExpoCoruña e Vigo Convention Bureau

Unha representación do sector MICE galego deuse cita esta semana na feira IMEX de Frankfurt, unha das citas profesionais máis importantes no ámbito do turismo de reunións. Do 19 ao 21 de abril, responsables de ExpoCoruñaPalexco e Vigo Convetion Bureau, acompañados de representantes de Turismo da Coruña e da man de Turismo de Galicia estiveron presentes neste espazo de promoción co obxectivo de dar a coñecer Galicia como destino ideal para o turismo de congresos e incentivos.

Actividades
Dentro das actividades que se desenvolven neste certame destacaron as xuntas de traballo cos principais operadores turísticos europeos relacionados co turismo de reunións, as presentacións a medios e profesionais a través do acto “A Noite de España” así como o espazo expositivo de Turismo de Galicia que permitiu dar a coñecer a oferta galega vinculada cos congresos como con outros recursos paisaxísticos, gastronómicos ou de infraestrutura hoteleira.

A feira IMEX de Frankfurt consolidouse como unha cita imprescindible para o sector MICE, cunha edición que superou os 3500 expositores de 150 países e coa visita de máis de 9000 profesionais vinculados ao sector.

21 de Abril de 2016
FOTO 2 IMEX 2016 b

Galicia promociónase en Frankfurt como destino para o turismo de congresos e incentivos

No marco da Feira IMEX participaron representantes do sector MICE galego como Palexco, ExpoCoruña e Vigo Convention Bureau Unha representación do sector MICE galego deuse cita […]
12 de Abril de 2016
Entrega SICTED Sanxenxo 2016

Novas distincións SICTED para Sanxenxo, que tamén fixo entrega dos seus propios premios de Calidade Turística

Un total de 43 empresas de Sanxenxo recibiron o seu distintivo SICTED, 17 delas por vez primeira, o que acredita a este concello pontevedrés como o […]
11 de Abril de 2016
ETI_1

Aberto prazo para participar nos cursos da Escola de Turismo Itinerante para aloxamentos e restaurantes no Camiño de Santiago

A formación é un dos alicerces nos que se apoia o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago da Axencia de Turismo de Galicia, que […]
11 de Abril de 2016
Logo-Atlante-Rectangular-2016

Cita coa viticultura en Vigo da man do Atlante Wine Forum

Concibida como unha xornada de encontro, formación e traballo conxunto dos profesionais do mundo do viño que desenvolven a súa actividade no noroeste de España e […]