IFEVI, o Recinto Feiral de Vigo, contará cunha ampliación de 5000 metros cadrados que lle permitirán contar un novo pavillón e un maior especio expositivo. Tras a aprobación por parte do Consello da Xunta, a obra, que suporá un investimento de 4,1 millóns de euros, depende da cesión dos terreos por parte do Concello de Vigo. A obra, a cargo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, conta xa cos informes favorables tanto do concello como dos diferentes órganos sectoriais e permitirá incrementar a competitividade do recinto feiral vigués, nunha clara aposta por consolidar eventos de tanto peso como Conxemar ou Navalia.

As obras serán licitadas pola Axencia Galega de Infraestruturas e manterán a configuración actual das instalacións engadindo un pavillón anexo ao pavillón número 2 que contará cunha superficie de 5000 m 2 . Calcúlase que a ampliación terá un impacto nos sectores hoteleiro e hostaleiro de Vigo de máis de dous millóns de euros ao ano. Ifevi acolle importantes citas como Conxemar, que contou en 2016 con 583 expositores de 43 países distintos, ou Navalia, que prevé reunir na súa sétima edición, prevista para maio de 2018, máis de 25.000 profesionais e 500 expositores de todo o mundo. Estas melloras permitirán abrir novas oportunidades de negocio, beneficiando así o conxunto do tecido económico empresarial tanto da comarca como de Galicia, e sectores estratéxicos como o pesqueiro, o conserveiro ou o naval. As obras de ampliación do Ifevi dan continuidade aos traballos que xa realizou a Xunta, que desde 2005 investiu 11,5 millóns de euros no recinto para impulsar a modernización e a mellora das instalacións.

20 de Xuño de 2017
aerea_instal_IFEVI

A Xunta aproba a ampliación do IFEVI para consolidar eventos de referencia como Conxemar ou Navalia

IFEVI, o Recinto Feiral de Vigo, contará cunha ampliación de 5000 metros cadrados que lle permitirán contar un novo pavillón e un maior especio expositivo. Tras […]
19 de Xuño de 2017
acuerdo fegatur naviera nabia

Acordo entre Naviera Nabia e FEGATUR para incrementar as estancias no turismo rural

A Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) e a Naviera Nabia ven de asinar un acordo polo cal as casas asociadas a FEGATUR poderán beneficiarse da […]
15 de Xuño de 2017
Blogtrip02

Bloggers ingleses descobren a Ruta do Viño Rías Baixas e a Mancomunidade do Salnés

Catro bloggers ingleses descubriron estes días as potencialidades da Ruta do Viño Rías Baixas e a mancomunidade do Salnés nunha visita coorganizada por Turespaña en Reino […]
12 de Xuño de 2017
Global Wellness Day Ourense 2017

Termatalia e o Concello levan a Ourense a celebración do Global Wellness Day

Co obxectivo de pór en valor á cidade e á provincia como destino de benestar, Termatalia, en colaboración co Concello de Ourense, impulsou a celebración na […]