Con motivo da Celebración do Día Internacional do Guía de Turismo o 21 de febreiro APIT-Galicia organiza un ano máis unha serie de visitas gratuítas en varias das cidades galegas. Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo conmemorarán así este día no que tamén se quere potenciar e dignificar o recoñecemento que merece esta profesión regulada pola lexislación vixente. Este día, no que se conmemora a data da fundación da Federación Mundial de Asociacións de Guías de Turismo (WFTGA) creada no 1985, pretende, ademais, lembrar o importante labor que desempeñan os Guías de Turismo como parte fundamental do sector turístico. Baixo a lema “Por un turismo de calidade, accesible e sustentable, confía en Guías Oficiais”, a xornada conta co apoio de varias asociacións e colectivos que ven afectados e loitan cada día por unha vida e un turismo adaptado as súas necesidades. En cada cidade colaboran coa xornada varias entidades, ademais de Turismo de Galicia.

As visitas terán lugar nos seguintes lugares e horarios:
Santiago de Compostela – (visita á cidade histórica) 12:00h. Saída da Praza das Pratarías.
Santiago de Compostela – (visita á catedral) 16:30h. Saída da Praza das Pratarías.
A Coruña – (visita á cidade vella) 11:30h. Saída da Praza de María Pita.
Ferrol – (Visita ao Arsenal) 11:00h. Saída da Praza Vella.
Lugo – (Visita á cidade histórica) 11:00h. e 16:30h. Saída da Praza Maior (soportais do Concello).
Ourense – (Visita á cidade histórica) 11:00h. Saída da Oficina Municipal de turismo (Xardíns do Pai Feijoo).
Ourense- (Visita á Catedral) 16h30. Saída da Oficina Municipal de turismo (Xardíns do Pai Feijoo).
Vigo – (Visita Pazo de Quiñones de León e xardíns) 11:30h. Punto de encontro na entrada do Pazo.
Vigo – (Visita á cidade histórica e ensanche). 17:00h. Saída desde a Estatua do Bañista (r/ Cánovas del Castelo, 22).

Para máis información contactar con:
Montserrat Domínguez -Secretaria de APIT-Galicia (Santiago de Compostela): 620322823
Iria Varela (Vocal cidade da Coruña): 686070237
Isabel Díaz-Carballos ( Vocal cidade de Ferrol): 696531 070
Mónica Díaz (Vocal cidade de Lugo): 670 41 65 23
Rosa Dourado (Vocal cidade de Ourense): 675 558 545
Ana Martín (Vocal cidade de Vigo): 610 750 823

19 de Febreiro de 2018
dia do guia turístico

Visitas guiadas nas cidades galegas para celebrar o Día Internacional do Guía de Turismo

Con motivo da Celebración do Día Internacional do Guía de Turismo o 21 de febreiro APIT-Galicia organiza un ano máis unha serie de visitas gratuítas en […]
13 de Febreiro de 2018
xornada turismo activo costa sostible

O Galp Costa Sustentable celebra unha xornada sobre turismo activo e experiencial como fonte de diversificación económica

O evento estivo orientado ao sector profesional relacionado co turismo, o deporte a hostalaría e o mar instalado no territorio de acción do GALP Costa Sustentable […]
06 de Febreiro de 2018
clausura xantar 2018

Xantar 2018 pecha a súa 19ª edición con 24.000 visitas como a única feira internacional especializada en turismo gastronomómico de España

As 200 experiencias que ofrecía o salón foron seguidas por máis de 7.000 asistentes Xantar pechou portas con máis de 24 mil visitantes, cifras que o […]
06 de Febreiro de 2018
PortaDaBahia

A Ruta do Viño Rías Baixas incorpora dous novos socios en Cambados

A Ruta do Viño Rías Baixas acaba de incorporar dous novos asociados: 1730 Tenda Adega Finca de Maza e a adega Lagar da Cachada, ambas as […]