Medio cento de persoas participaron na ruta de sendeirismo paralela

A II BTT Ruta do Viño Rías Baixas reuniu o domingo 26 de novembro en Arbo a preto de 200 ciclistas que fixeron un percorrido non competitivo de 45 quilómetros que discorreu a través de tres adegas asociadas a esta entidade. Ademais, 50 persoas participaron na ruta de sendeirismo que transcorreu de xeito paralelo á carreira de BTT polo municipio de Arbo.
Entre as caras coñecidas que se deron cita nesta proba non competitiva atopáronse Álvaro Pino, Ramón Mella, Ramón Troncoso e David López, que se converteron nos embaixadores da proba. A BTT discorreu entre tres adegas socias e os seus viñedos, onde se situaron os puntos de avituallamento: Pazo Pondal (no quilómetro 21) e Marqués de Vizhoja (quilómetro 38) onde se ofreceron  bebidas, mentres que na adega As Laxas (quilómetro 26) dispúxose a comida.
Ao tratarse dunha proba non competitiva, entregáronse galardóns conmemorativos aos participantes máis veteranos e ao club máis numeroso, así como aos embaixadores da proba e a todos os participantes, que recibiron unha camisola técnica, unha botella de viño D. O. Rías Baixas elaborado por adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas e un vale para unha revisión básica e gratuíta para a súa bicicleta no Corte Inglés de Vigo, patrocinador do evento.

29 de Novembro de 2017
EmbajadoresAutoridades BTT 2017

O II BTT Ruta do Viño Rías Baixas reuniu a 200 ciclistas no Condado do Tea

Medio cento de persoas participaron na ruta de sendeirismo paralela A II BTT Ruta do Viño Rías Baixas reuniu o domingo 26 de novembro en Arbo a […]
23 de Novembro de 2017
IMG-20171122-WA0014

A APEHL celebrou o seu 40ª aniversario

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) cumpre este 2017 40 anos e celebrouno nun acto no IES Sanxiallao no que […]
20 de Novembro de 2017
programa desperdicios hostelería

Convenio de colaboración entre as asociacións provinciais e Medio Ambiente para a redución dos desperdicios en hostalaría

Baixo a lema Love food not waste-Non ao desperdicio alimentario, a Consellería de Medio Ambiente en colaboración coas asociacións provinciais de hostalaría e restauración de Galicia […]
17 de Novembro de 2017
Presentacion Sportur Galicia

Máis dun cento de actividades converten a Ourense na capital do turismo deportivo

Do 17 ao 19 de novembro Expourense acolle a primeira edición de Sportur, Salón do Deporte e Turismo Activo, unha iniciativa coa que se busca dar […]