O presidente da Apehl recibiu a Insignia de Ouro da Federación en recoñecemento á súa contribución no fomento da actividade hostaleira

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, tomou parte como membro do comité executivo da Federación Española de Hostalaría (FEHR) na recepción que a Federación mantivo coa súa Maxestade o Rei Felipe VI con motivo do 40 aniversario da entidade asociativa.
Durante o acto fíxose entrega da Insignia de Ouro da Federación a Cheché Real como mostra de agradecemento á súa contribución no fomento e promoción da actividade hostaleira no país e Cheché Real aproveitou a ocasión para entregarlle unha placa de Sargadelos coa lema ..E para comer, Lugo e un exemplar da última edición da guía turística da provincia.

29 de Marzo de 2018
cheche_rei

O Rei recibe á FEHR no seu 40 aniversario

O presidente da Apehl recibiu a Insignia de Ouro da Federación en recoñecemento á súa contribución no fomento da actividade hostaleira O presidente da Asociación Provincial […]
28 de Marzo de 2018
santiago paixon doce

18 establecementos únense á terceira edición de “Santiago Paixón Doce”, do 23 de marzo ao 2 de abril

Co obxectivo de incentivar o consumo de tarde e facer unha homenaxe á tradición “larpeira” da cidade, 18 establecementos de Compostela celebrarán do 23 de marzo […]
23 de Marzo de 2018
galicia calidade lecer

42 establecementos de aloxamento e restauración con selo Galicia Calidade

Nas portas de arranque de Semana Santa, período no que se producirán miles de desprazamentos e no que o turismo arrinca definitivamente a tempada 2018, Galicia […]
20 de Marzo de 2018
autoridades_premiados Gala Anual APHEL

A APEHL reune hostaleiros de toda a provincia na súa festa anual

Os profesionais da hostalaría lucense celebraron este ano a súa gala anual en Viveiro, no hotel Val do Naseiro nunha gala na que se fixo entrega […]