Un total de 76 xogadores déronse cita no campo de RNCGSS de Basozabal, no País Vasco, deseño de Chema Olazabal, que recibiu aos participantes en perfectas condicións para disputar a quinta e penúltima proba do Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia. A lixeira choiva caída na primeira hora do torneo, non impediu que a proba fose todo un éxito. Xa sabían os xogadores que no tee do 10 esperáballes unha carpa con produtos galegos para repor forzas e que antes da entrega de premios ofreceríase unha degustación con abundantes delicias gastronómicas galegas.

Jaime Beñaran foi o gañador absoluto categoría Scratch con 35 puntos, seguido en segundo lugar por Mikel Sánchez con 30 puntos. O gañador Hándicap foi Javier Larrasoaña con 41 puntos stableford, seguido por José Ramón Arzallus, que logro un resultado de 40 puntos. En categoría de Damas, a mellor foi Estrela Choperena con 40 puntos, que tamén gañou o premio Aceites Abril á bóla máis próxima no foxo 4 (5,52m). A gañadora da categoría master sénior (xogador de máis de 70 anos) foi Rafaela Argamasilla con 37 puntos. Os gañadores disputarán a final o 24 e 25 de setembro no campo do hotel Balneario Oca Augas Santas en Patón (Lugo).

En canto aos premios especiais, o mellor drive, premio Martin Códax, o de damas gañouno Elisa García e o de cabaleiros conseguiuno Jesús Aguinaga. A bóla máis próxima no foxo 14, premio Viña Farnadas adxudicoullo Luís Porta (3,89m). O premio forrabolas xentileza do Hotel Rua Villar e Real Aeroclub de Santiago foi para o penúltimo clasificado hándicap Alfredo Domínguez.

A organización quere agradecer a gran acollida, o trato e a colaboración recibida polos responsables do club. A próxima proba celebrarase o 18 de xullo no campo de golf asturiano de Castiello.

25 de Xuño de 2019
golf pais vasco

Basozabal acolle a 5ª e penúltima proba do VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

Un total de 76 xogadores déronse cita no campo de RNCGSS de Basozabal, no País Vasco, deseño de Chema Olazabal, que recibiu aos participantes en perfectas […]
25 de Xuño de 2019
travesía náutica xacobea

Operadores turísticos de seis países completan a Ruta Sur da Travesía Náutica Xacobea

Tres días de navegación, 92 millas náuticas e un percorrido de 7,45 km a pé serviron para completar a Travesía Náutica Xacobea impulsada por Asnauga, en […]
19 de Xuño de 2019
press trip asnauga

Xornalistas ingleses, franceses e portugueses visitan as instalacións dos clubs náuticos galegos

Un grupo de xornalistas estranxeiros coñeceu de primeira man a calidade e actividades náuticas deportivas dos clubs náuticos galegos e os servizos que ofrecen a todas […]
17 de Xuño de 2019
balneario de Cortegada

Aberto o prazo para solicitar praza no programa Termalismo Social do Imserso

Balnearios de Galicia aclara que este programa, que oferta 27 mil prazas, non está afectado por suspensión cautelar do programa do Imserso A Asociación de Balnearios […]