Este concurso ten por finalidade potenciar o desenvolvemento e a comercialización da industria turística e proxectar os produtos de maior calidade no marco do turismo activo.

Galicia Destino Activo presentou a súa candidatura ao XXIV Concurso de Turismo Activo FITUR 2019 que se fallará no contexto da Feira Internacional de Turismo que se celebrará en Madrid do 23 ao 27 de xaneiro. O Clúster de Turismo de Galicia acudirá como coexpositor da man da Axencia de Turismo de Galicia a este evento, a primeira feira internacional do ano para o sector turístico galego.

A marca impulsada polo Clúster Turismo de Galicia para promocionar o turismo activo no noso territorio preséntase a este concurso como proxecto, coincidindo coa presentación oficial dos novos materiais que se estiveron desenvolvendo durante 2018, tanto para a marca en xeral como para os produtos desenvolvidos neste contexto vinculados ao turismo náutico, ao Camiño de Santiago, ao turismo activo ou cultural, entre outras.

Este concurso está a supor xa unha gran oportunidade para a creación de impactos no público obxectivo do proxecto por ser difundido a través de redes de comunicación relativas a esta feira por medio da Revista Aire Libre. Ademais, o produto gañador deste concurso obterá unha gran repercusión en medios dirixidos a axentes de comercialización de todas as partes do mundo.

A votación está aberta ao público xeral e termina o día 13 de febreiro. Pódese acceder á convocatoria a través da páxina web da Revista Aire Libre ou ben a través da seguinte ligazón. Os produtos gañadores serán anunciados o próximo 17 de xaneiro.

07 de Xaneiro de 2019
turismoactivo2

O Clúster de Turismo de Galicia presenta o produto Galicia Destino Activo ao XXIV Concurso de Turismo Activo de Fitur

Este concurso ten por finalidade potenciar o desenvolvemento e a comercialización da industria turística e proxectar os produtos de maior calidade no marco do turismo activo. […]
07 de Xaneiro de 2019
Xantar 2019

Brasil, país convidado en Xantar 2019

A Prefeitura de Foz de Iguaçu será a entidade encargada de representar ao país cun menú baseado na gastronomía paranaense con pratos recoñecidos como Patrimonio Cultural […]
26 de Decembro de 2018
Jornadas Turismo Agroalimentario Lugo

A Deputación de Lugo aposta por desenvolver un turismo agroalimentario con experiencias de éxito

Representantes do turismo agroalimentario provincial, axentes turísticos, produtores, guías, expertos en comunicación, hostaleiros… déronse cita nas primeiras Xornadas de Turismo Agroalimentario que celebrou a Deputación de […]
20 de Decembro de 2018
ganadores santiago etapas 2018

“ Capuccino” e “ Montadiño Tenreira-Arzúa-Ulloa”, gañadores do Santiago(e)Tapas 2018

A undécima edición de Santiago(e)tapas, o concurso de tapas compostelás organizado conxuntamente por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, concluíu coa entrega dos seus […]