A terceira proba do circuíto celebrouse en terras andaluzas

Un total de 104 xogadores disputaron en Sevilla a terceiro proba do Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia en Sevilla, no Club Zaudin que volve repetir como espazo deportivo para a disputa desta proba cuxa final chegará a terras galegas. Carlos Menor alzouse co triunfo en categoría Scratch con 27 puntos e o segundo posto nesta categoría foi para Miguel Castelo con 26 puntos.

O gañador hándicap foi Juan Carlos Atienza con 39 puntos stableford, seguido por Manuela Pachón, finalista da edición de 2017, que logro un resultado de 38 puntos. En categoría de damas, a mellor foi Mª José Jiménez González con 39 puntos e o gañador da categoría master sénior (xogador de máis de 70 anos) e tamén finalista da edición de 2017, foi José Mª Cobo con 37 puntos. Os gañadores disputarán a final o 24 e 25 de setembro no campo do hotel Balneario Oca Augas Santas en plena Ribeira Sacra.

En canto aos premios especiais, o mellor drive, premio Martin Códax, o de damas gañouno Teresa Elder e o de cabaleiros conseguiuno José Mª Ortiz. A bóla máis próxima no foxo 9, premio Aceites Abril foi para Francisco Rodriguez e no foxo 3 premio Viña Farnadas adxudicoullo José Luís Canorea. O premio forrabolas xentileza do Hotel Rua Villar e Real Aeroclub de Santiago foi para o penúltimo clasificado hándicap, Felipe Lobo e os premios melón, en scratch e en hándicap atesourounos, ambos os Miguel Gastón, en damas foi Rosa Ricca e o master sénior conseguiuno Carlos Areas. Todos eles puideron gozar tamén dos produtos galegos cos que se lles ofrece unha degustación a todos os participantes. A próxima proba celebrarase o 13 de Xuño no RACE.

05 de Xuño de 2019
golf 2019

O VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia volve por segunda vez ao Club Zaudin en Sevilla

A terceira proba do circuíto celebrouse en terras andaluzas Un total de 104 xogadores disputaron en Sevilla a terceiro proba do Circuíto de Golf Senior Turismo […]
28 de Maio de 2019
guías de viaje turistas

Convocadas as probas de habilitación de novos guías de turismo especializados en Galicia

O DOG recolle a convocatoria para a habilitación de guías turísticos especializados, convocada pola Consellería de Cultura e Turismo, co obxectivo de continuar o proceso de […]
23 de Maio de 2019
enoturismo jovenes

O impacto do enoturismo nas Rutas do Viño de España aumentou un 20% en 2018

O impacto económico do enoturismo nas “Rutas do Viño de España” aumentou máis dun 20% no ano 2018, segundo o informe publicado pola Asociación Española de […]
02 de Maio de 2019
Regina Viarum enoturismo vino Ribeira Sacra

Concertos, pasarúas e catas nas cidades galegas, antesala das Xornadas de Puertas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia

A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense acollen entre esta semana e a que vén a programación previa á celebración da oitava edición das Xornadas de […]